Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Maré en vivo

Chega ao Fondo dos Espellos unha nova publicación: Lúa, a forza da Marea, núm. 1, marzo do actual. Ela é órgano impreso do grupo municipal Marea de Vigo. Todo o cal converte estas 16 páxinas, moi ben diagramadas, no voceiro do grupo político que na cámara municipal da meirande cidade de Galicia representa a esquerda e o nacionalismo. Enviámoslle un saudo de benvida a esta Lúa crítica e clasificadora. Trata de temas de interese permanente ligados á axenda de propostas sostidas por Maré de Vigo na cámara municipal e nas súas comparecencias perante a sociedade.

Así, na publicación incide o novo boletín na folga feminista, na necesidade de que Vigo se reapropie dun ben público roubado, que é a auga, na apropiación indebida que os donos da Illa de Toralla están a facer da faixa maritimoterrestre de titularidade estatal. Asimesmo, Lúa esixe unha política municipal de gasto social, e outras moitas cousas urxentes e necesarias que a maioranza do PSOE non cumpre, inclusive situándose en contradicción cos principios que tradicionalmente animaron ese partido.

Lúa ilumina, coma se fose o luar de agosto, o feito do desnorte e confusión que reina na política municipal de Vigo no que se refere a cultura. Nin arquivo decentemente instalado e provisto de arquiveiro cualificado e de persoal facultativo, nin bibliotecas suficientes nin museos necesarios. A respecto destes, Lúa deita aínda máis luz: denuncia o caos producido polo goberno municipal no Marco e deixa á vista o cadáver do que nunca se soubo o que era e que outro gobernó do PSOE chamou Verbum por decer algunha cousa. Lúa manifestase pola abolición da prostitución e solidarízase co pregoeiro do Entroido compostelán abourado pola dereita máis reaccionaria e polos prelados de Santiago e Zaragoza. A este respecto, a Maré de Vigo terá que utilizar a súa Lúa e a súa voz no concello para denunciar o atentado ao laicismo que supón a presenza do alcalde con insignias e vara de mando na procisión do Cristo da Victoria. Espero que en números seguintes, con actuacións municipais tamén, Lúa sexa portadora dunha alternativa de nova planta administrativa que recoñeza (dacordo coa lei vixente) a persoalidade pública das freguesías civís ou distritos que deben constituir a base orgánica dese grande complexo cidadán, económico e sociocultural que é Vigo.

Compartir el artículo

stats