Novela negra que ten como protagonista a Senén Barreiro, un arquitecto vigués de cincuenta anos que debe comezar de novo a súa vida laboral e familiar. Durante unha celebración de Noiteboa, acontece algo que vai mudar para sempre a historia da súa familia e, por suposto, a de Senén, quen recibe un encargo que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que a emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de maneira oficial. Debut na novela de noso de Beto Luaces,nado en Uruguay de orixe galega, que traballa e reside en Vigo.