No mes en que cumpre 94 anos, Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Levan por título Rosa tántrica e nela asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora nacida en Ribadeo establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato "La rosa de Paracelso", onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e dos eu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo trascendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, o seu poemario.