Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vellez, morte e inmortalidade

Hoxe cúmprense cen anos da histórica conferencia na que o médico Nóvoa Santos expuso por vez primeira no Círculo Mercantil de Vigoa súa peculiar posición sobre estes transcendentes temas

Edición impresa da conferencia.

O tren saíu da estación de Santiago de Compostela ben cedo, ás oito menos vinte da mañá do domingo 21 de maio de 1916. A comitiva estaba encabezada por Roberto Nóvoa Santos (1885-1933), catedrático de Patoloxía Xeral da universidade, a quen acompañaban varios alumnos seus e tres colegas, Alexandre Rodríguez Cadarso, Gumersindo Sánchez Guisande e José Devesa Núñez. Chegaron a Vigo sobre as 12 da mañá, tras máis das catro horas que duraba a viaxe do "tren mixto" naquel tempo. Na estación olívica foron recibidos pola Xunta Directiva do Círculo Mercantil, entidade que organizaba a conferencia que Nóvoa pronunciaría ese mesmo día, ás sete e media do serán no local do Círculo, daquela no número 29 da rúa do Príncipe. Unha intervención do catedrático de 30 anos, "Longevidad, muerte e inmortalidad", que presenta a novidade histórica de ser a vez primeira en que Nóvoa presentou publicamente as súas reflexións sobre a morte e a inmortalidade, temas que desenvolvería e seguiría abordando nos restantes anos da súa curta vida.

Nóvoa Santos non foi un catedrático convencional, a súa orixe social humilde, carácter desacougado e vehemente, preocupacións sociais e intelectuais fixeron del un personaxe cun perfil ben diferenciado. En 1912 acadara a cátedra de Patoloxía na Facultade de Medicina e dedicou os anos seguintes ao labor docente, clínico e investigador e á redacción da súa obra magna, o Manual de Patoloxía, que ese mesmo 1916 veu o seu primeiro tomo publicado. Unha moi intensa actividade que aínda lle deixou tempo para atender cuestións como a que hoxe comentamos.

Unha conferencia singular

Da intervención en Vigo coñecemos o texto publicado, que apareceu en tres edicións, sen cambios. No ano 1916 a editorial "El Eco de Santiago", sacou á luz unha primeira co título La vejez, la muerte y la inmortalidad. Conferencia dada en el Círculo Mercantil de Vigo el día 21 de Mayo de 1916 por el Dr. R. Nóvoa Santos. Ese mesmo ano publicouse o texto como un artigo na revista Galicia Médica, nos números 6 e 7. E en 1926 "El Eco de Santiago" sacou a terceira edición.

A versión publicada iniciase cun relato no que Nóvoa utiliza como recurso literario a un narrador omnisciente, coñecedor de todo, que describe o pensamento de "el viejo Nahum", quen explica e sintetiza ao lector as ideas principais que o autor vai desenvolver a continuación. O nome de Nahum coincide cun dos profetas menores do Antigo Testamento, autor do Libro de Nahum, que falou sobre a destrución do imperio asirio. Con esa introdución Nóvoa pretendeu atraer a atención do público e facilitar un resumo das súas teses; por outra banda, a utilización dun personaxe bíblico nun sentido diferente ao histórico e mesmo o estilo da súa exposición lembran ao uso que fixo Friedrich Nietzche, pensador admirado por Nóvoa, con Zaratrusta no seu célebre libro Así habló Zaratrusta.

O catedrático abordou inicialmente o tema da vellez, que presentou como unha fase normal do ciclo da vida individual, consecuencia do esgotamento da "enerxía intrínseca" do ser humano. No terceiro tomo do Manual de Patoloxía, publicado en 1919, insistiría nesa posición, indicando que "La causa de la vejez hay que buscarla en las mismas propiedades de la materia viva diferenciada", no esgotamento enerxético.

En conexión co exposto previamente, Nóvoa falou da chegada da morte como algo que pode entenderse, en certa forma, como positivo; animou ao público a unha visión tranquila fronte a ela, pois, explicou, xeralmente non vén asociada, a pesar das apariencias, á dor, e por iso, segundo el, o ser humano debería saír ao encontro da morte co desexo de fundirse con ela: "Cuando nuestros ojos vean claro desearemos la muerte y encontraremos en ella el primer placer de la vida". O intento de infundir calma fronte a morte, de evitar o temor habitual, lembra á intención do poeta e filósofo latino Lucrecio no seu poema De rerum natura pero Nóvoa situase, como veremos, nunha perspectiva algo diferente á de Lucrecio, que pretendeu tranquilizar co argumento da ausencia de calquera persistencia tras a morte.

Na parte final da súa intervención tratou o que consideramos como elemento clave da conferencia, a posible continuidade dalgún elemento de cada un de nós despois da morte. Unha cuestión que, cómpre subliñar, analizou á marxe da perspectiva relixiosa, con pretensión de racionalidade. Deixemos falar a Nóvoa: "Pero queda todavía un enigma, amigos! ¿Qué es de nuestras imágenes, de nuestros recuerdos, de todo el tesoro espiritual acumulado? ¿Cuál es el destino de todo ese sistema de fuerzas sutiles que constituyen el contenido de la conciencia? ¿Flotan por ventura como espectros sutilísimos e invisibles en la fronda, y en el cielo limpio, y entre nosotros? ¿O se disipan con el último relámpago de la mirada y se disuelven en la misma fuente en donde nace la felicidad última y suprema?" Unha pregunta retórica que o propio autor respostou: "Seguramente vagan entre nosotros y sobre nosotros como una luz que nunca se apaga". Nese sentido, explicou que alén da memoria que gardamos sobre os "herois", figuras sobranceiras do pasado, todo ser humano contribúe a crear un patrimonio espiritual, e que, nese sentido, "Hay que considerar a la Humanidad como un individuo gigante e imperecedero, del que formamos parte como fragmentos aparentemente desligados, pero unidos en realidad por lazos indestructibles".

A conferencia no Círculo Mercantil rematou coa reiteración do desexo de Nóvoa: "Que esta charla os haya servido para mirar serenamente las cosas y para sacar de ellas el único partido que todos nos jugamos en la vida: Para conocer el valor de la existencia y para seguir más de cerca las huellas de la Felicidad que huye".

Continuidade no estudo do tema

Desde esa primeira manifestación pública das inquedanzas e reflexións de Nóvoa sobre a morte e a inmortalidade, o catedrático continuou co estudo e análise das mesmas. Sobre a vellez e a morte falou en 1919 no terceiro tomo do seu Manual de Patoloxía, porén obviou o tema da inmortalidade, consciente, de que a cuestión, tal e como el a formulara ata ese momento, non tiña entrada nun texto técnico sobre Medicina, como recoñece ao afirmar: "Lo que pasa después [da morte] interesa al filósofo". Aínda así, resulta significativo que no Manual incorporou, ao aludir ao que acontece tras a morte, o seguinte parágrafo: "Si todo el complejo sistema de

Physis y Psiquis. Fragmentos para una doctrina genética y energética del espíritu

*Director do Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega

Compartir el artículo

stats