Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

No pasamento do padre Isorna

O franciscano José Manuel Isorna Ferreirós.

O pasado 26 de Abril, Galicia despideu a un home "bo e xeneroso" que pasou por esta Terra facendo o ben, estoume a referir ao noso benquerido irmán franciscano José Manuel Isorna Ferreirós, o Padre Isorna.

Non me lembro con certeza do ano en que coñecín ao Padre Isorna, coido que pudo ser en 1981 ou 1982. Do que sí me lembro perfectamente é de que foi un 25 de Xullo "Día da Patria", durante a celebración da Misa de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval; e lémbrome tamén da persoa que nos presentou, foi o seu bo amigo e un dos meus mestres galeguistas, Manuel Beiras García, qué anos máis tarde -á morte de D. Ramón Martínez López- sería o Presidente do Partido Galeguista.

A irmandade fraternal que se profesaban o Padre Isorna e Manolo Beiras -como lle chamábamos os seus irmáns galeguistas- viña de lonxe, e estaba motivada polos profundos lazos relixiosos que os xunguían os dous. Ó primeiro pola súa condición de relixioso da orde de San Francisco de Asís comprometido na defensa da nos língua.Ó segundo polo seu compromiso, dende sempre, cos movimentos cristiáns en favor dunha Igrexa galega, apostólica, romana e compostelana. Sirva como exemplo o lembrar o importantísimo papel que xogou Manolo Beiras xunto con Xosé Mosquera Pérez, os dous galeguistas, ó lograr convencer no ano 1965, ó Cardenal Quiroga Palacios para que autorizara e aprobara o facer a Misa de Rosalía de Castro en língua galega. Oficiou aquela homilía historica que marcaría un antes e un despois no uso do galego nos actos relixiosos do país, o padre Xaime Seixas, convertíndose no único acto público en Galicia en que se consentirá o galego, ademáis das reivindicacións galeguistas e incluso a presenza de políticos disidentes durante a ditadura franquista, moitos deles vidos da Arxentina, Venezuela, México etc, etc.

O Padre Isorna non é axeno a todos éstes movimentos de reivindicación galeguista que se veñen dando na sociedade de aqueles anos, tódolo contrario, forma parte e participa activamente dos movimentos católicos que loitan por conquerir unha liturxia en galego, e unha Igresa netamente galega que estéa sempre á beira das personas que máis sufren, as máis humildes e necesitadas, as xentes do mar e do campo.

Ó igual que viñan facendo outros relixiosos comprometidos coa identidade do país como o "Padre Seixas", ó que xa temos mencioando anteriormente, Antonio Domínguez Fráiz "o cura de Campaño", a quen teño tratado e visitado na súa casa, e quén pronunciou en Buenos Aires no ano 1961 unha misa integramente en língua galega na memoria de Castelao, ao coéngo Manuel Espiño, ou ao bispo Miguel-Anxo Araujo Iglesias, entre outros. Bo exemplo do compromiso adquirido polo Padre Isorna coa língua e a cultura do país, é o feito de que dende o ano 1967 pasa a ser membro correspondente da Real Academia Galega; manten relacións e trato con persoeiros moi relevantes da nosa Terra, como Castelao, Alvaro Cunqueiro, Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas" -outro dos meus mestres no galeguismo-, Vicente Risco ou Ramón Otero Pedraio, entre outros.Paricipou e oficiou un sin fín de actos relixiosos en língua galega; foron moias as homilías fúnebres que pronunciou, como as de Xesús Ferra Couselo -nado en Valga ó igual que o Padre Isorna, participou na fundación en Nadal de 1931 do Partido Galeguista, da revista Logos, foi membro da Real Academia Galega etc. etc,-, D. Ramón Otero Pedraio o Patriarca das Letras Galegas, de Sebastían Martínez Risco que foi Presidente da Real Academia Galega, e de Teresa Castelao, irmán do insigne galeguista e pai da Patria Galega Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

Para que os leitores sexan quén de coñecer un pouquiño máis e mellor a fonda pegada intelectual e humán do Padre Isorna, vóume permitir trasladarlles un extracto "pequeniño" do que foi unha das súas homilías fúnebres nas que eu estiven presente, neste caso refirome á pronunciada na igrexa de Santa Comba de Rianxo o día 24 de Marzo del 2000, na despedida de Teresa Rodríguez Castelao, Presidenta de Honra da Fundación Castelao e Filla Predilecta da Vila de Rianxo......,"os veciños, no seu cordial presentimento, acertaban a dicir que ás campás choraban pola morte da velliña centenaria Teresa R. Castelao. E, certamente, así era. E axiña nesas horas, os medios de comunicación social espallaron por Galicia e pola bisbarra de Arousa por España e tamén por non poucos pobos do mundo a infausta nova. Noticia que causou grande pena, sobre todo, nos corazóns e familias que coñecían e trataban a nosa benquerida Teresa, e xa non digamos, ós admiradores do seu irmán, o xenial Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, gloria desta vila de Rianxo, lumieira das nosas Letras Galegas, figura irrepetible da nosa SArte, da nosa Historia e da nosa Cultura, e guieiro de progreso para a xente do mar e do campo, home bo e xeneroso, amante de Galicia, e que morreu como dixo o ínclito poeta Ramón Cabanillas, de amor á Terra, e agora dorme o seu corpo no San Domingos de Bonaval, ó lado doutros ilustres galegos, en espera da hora final de resurrección..."

No ano 2011, o Padre Isorna toma a decisión de cederlle á biblioteca de Valga o seu legado máis querido, tratase de 15.000 volúmenes que fan deste Concello visita obligada para todas aquelas persoas que precisen de coñecementos teolóxicos, por ter a primeira biblioteca pública de Galicia sobre teoloxía.

Cando me comunicaron a noticia da morte do Padre Isorna, pensei en desplazarme a Santiago e participar do acto relixioso que estaba previsto celebrar na igrexa de San Francisco, pero a última hora dicidin acudir ó velatorio e posterior misa programados no templo de estilo barroco do século XVIII, da súa vila natal, a igrexa de Santa Columba de Cordeiro no Concello de Valga, a parroquia na que vería a luz un día do ano 1921.

O pouco de chegarmos, a primeira hora da tardiña, eu e o meu benquerido amigo Erundino Alfonso Galáns de Vilanova de Arousa; os veciños foronse achegando pouco a pouco ao Adro da igrexa, palpábase no ambiente un profundo e respetuoso silencio, ao tempo que respirábase un aire plecenteiro de tranquilidade, sosiego e paz. Cando Chegou o coche fúnebre que trasladaba o corpo do Padre Isorna dende Santiago, o templo xa estaba aborrotado de veciñ@s de tódalas edades e chegados de todas ás parroquias do Concello de Valga para recibir o seu Fillo Predilecto. O alcalde Bello Maneiro, Manuel Velo -exalcalde de Rianxo-, Andrés Quinta -Presidente de Extrugasa e amigo do finado-, outra persoa da que non me lembro neste intre, e eu, sacamos o cadaleito do coche -que viña envolto na bandeira galega - e levámolo ó lombo ata o interior da igrexa, postrandoo o pé do altar. De seguido a súa familia retiroulle a tapa que cubría o cristal, para que o pobo de Valga e todas as persoas que estábamos alí presentes puideramos contemplar por derradeira vez ó benquerido Padre Isorna". Así foi, durante aproximadamente unha hora e con unha fonda emoción contida, os veciñ@s do seu querido concello puderon rendirlle o derradeiro homenaxe de corpo presente. A continuación celebrouse o acto relixioso no que participaron, ademáis dun bo número de cregos da zóa, os irmáns da orden franciscana co Padre Provincial José Antonio Castiñeiras á cabeza. Resultou un acto relixioso sinxelo pero moi fermoso, como é norma da orden de San Francisco de Asís, e cómo lle gustaría ó propio Padre Isorna. O oficiante da ceremonia en língua galega, como non podía ser doutro xeito, foi o seu propio sobriño o Padre Fernando, persoa de verba sinxela e profunda, que foi quén de chegarnos ós corazóns de todos os presentes. Oficiou unha homilía fúnebre lembrando a gran personalidade do finado, destacando a súa vontade, a súa gran humildade, a súa entrega polos semellantes, o seu sonriso permanente ata nos intres máis difíciles e doorosos, e a súa loita permanente na defensa da consecución dunha Igrexa galega e, en galego. Agradoume ver como os veciños de Valga queren e respetan profundamente ó Padre Fernando, porque son conscientes de que respetando e querendo ó Padre Fernando, estan respetando e lembrando o seu tío ó Padre Isorna. Eu fun testigo dun feito fermoso que corrabora o que lles estou contando. No intre en que se estaba procedendo ó enterramento do Padre Isorna no panteón familiar, ó pé dun inmenso ciprés que fora plantado polo seu propio pai ¡que fermosura!, acercouse unha veciña para darlle o pésame, é díxolle...., perdemos o noso Pai Isorna, pero sabemos que o seu legado quedará presente entre nós na figura do seu sobriño Fernando...Que así sexa! Pola miña banda dínlle o pésame no nome dan gran familia galeguista, e lembreille que dende agora o Padre Isorna xa está á beira dos seus amigos Castelao, Ramón Otero Pedraio, Vicente e Sebastián Martínez Risco, Ferro Couselo, Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas", Manolo Beiras e moitos outros, estarán debatindo ó redor dunha lareira e falando dos que ainda estamos aquí, nesta Galicia inmorrente, ollando que é o que estamos facendo ben, e que é o que estamos facendo mal e poderíamos facer mellor en favor da nosa Historia, da nosa Cultura, da nosa Língua. O Padre Isorna xa perteñece para sempre "á Santa Compaña dos inmortáis", a ese exercito de homes e mulleres "bos e xenerosos" que pasaron por este mundo facendo o ben, e loitando a cotio polas nosas xentes e pola Nosa Terra. Irmán Padre Isorna, ala dónde te atopes ¡Viva Galicia! ¡Saúde e Terra!

*Patrono fundador das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco e secretario xeral do Partido Galeguista

Compartir el artículo

stats