Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Garimoso xeneroso

Cartas que cómpre ler

Garimoso xeneroso

Doce cartas a María Victoria Moreno, obra publicada por Hércules de Ediciones, con ilustracións de Antonio Seijas, é da autoría de Ánxela Gracián. Cómpre dicir que Ánxela traballa como tradutora técnica, pero despois do traballo, como tamén lle gusta a tradución literaria (e obvio é que dela apréndese moito, como teñen demostrado moitos autores/tradutores), dedicase a iso e, ademais, a outro labor, que en realidade constitúe a súa verdadeira paixón: escribir.

Do seu primeiro labor salientemos as traducións de autores como Marguerite Yourcenar, Jean-Paul Sartre, Jules Verne, Hugo Pratt, Jean Giono, María Teresa Andruetto, João Manuel Ribeiro? ; do segundo, contos para nenos como Cos petos cheos de cinza, Chis chisgarabís, A toupiña cegarata, As bolboretas douradas, Xoaniña rei-rei, cando casarei, Camiño solitario, Pinga de choiva, Carrapeto, As palabras do silencio, e novelas xuvenís como Eu tamén fun peliqueiro de Laza ou o poemario Paisaxes de pan.

Con esa bagase, experiencia e saber facer, vén homenaxear a María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, 1939 - Pontevedra, 2005) no ano en que se lle dedica o día das letras galegas neste 2018. Trátase dunha biografía máis novelada que real en que o narrador é o lobo Garimoso, un dos personaxes máis entrañables de Moreno, que o introduciu no seu primeiro libro en galego, Mar adiante (1973), e que pasa varias noites coa nena Mariquiña sen danala, porque ela soñouno bondadoso, cousa acontecida seguramente por primeira vez na súa vida, e quen sabe se a única vez. Deste xeito, xa que nesa nova vida de lobo non ten que comer carapuchiñas, dedícase a ler todos os libros de e sobre María Victoria Moreno, e, despois de tales lecturas, decide escribirlle as doce cartas. Nelas percorre a vida e obra desta interesante escritora galega nada na Estremadura. Así, ponse en valor o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, o seu nacemento e os primeros anos, a súa vocación docente, o seu primero can e os límites da súa imaginación creadora, a fascinación polo mar de Galicia, a ausencia do pai, o bacharelato nun Colexio Menor en Barcelona; Madrid, a Universidade Complutense e os cafés leterarios; as vivencias en Lugo; os anos 80, a familia, a escrita e o ensino; os anos 90, a consolidación, e un mal diagnóstico; os últimos anos, as novas ilusións, e o recoñecemento literario; finalizando cunha especie de epílogo, "Eu, lobo solitario", que vén ser o colofón ao Limiar e otras aclaracións preliminares da autora real.

Obviamente, parte a autora de feitos e acontecementos reais, e cunha prosa solta, lixeira e actractiva, non exenta de diálogos amenos e imaxinativos que sen dúbida serán moi do agrado do público aínda non adulto, déixanos sabedores, através dese narrador lampantín e xeneroso (tal vez a voz máis orixinal posible de entre as moitas que barallaría Gracián), da vida real da homenaxeada e do seu legado vital e literario.

Na primeira carta (Compromiso coa lingua e cultura galegas), fundaméntase a ou as razón/s para que se lle dedique o día das letras, pois chegada a traballar en Lugo, onde o seu xefe de departamento é o profesor Xesús Alonso Montero, no ano 65 do século pasado, adáptase á terra e tómaa como súa. A partir de entón, o resto das cartas explícano todo. Especial lectura merece, ao meu entender, a décimo primeira, posiblemente a máis melancólica e tristeira. Pero cada lector que escolla a súa, porque a lectura destas cartas traen conta.

GRACIÁN, Áxenla, Doce cartas a María Victoria Moreno, Hércules Ed., A Coruña, 2018, PVP. 12, 50 ?

Compartir el artículo

stats