Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Milagres ao pé do Miño

O santuario de San Campio (Tomiño)

Capela onde está a fonte de San Campio.

Na parroquia tomiñesa de Figueiró álzase un impoñente santuario dedicado ao mártir San Campio, ao que acoden fieis e romeus de dentro e fóra de Galicia para encomendarse ao que foi soldado romano convertido ao cristianismo. É un dos templos galegos -baixo a advocación tamén de San Martíño- de maior tradición e devoción, un conxunto que engloba a fonte e mais os diversos edificios que rodean a basílica, incluíndo albergue de peregrinos e espazos de convivencia.

No centro da parroquia destaca o cruceiro da Praza de San Martíño, un artístico traballo arquitectónico esculpido por un canteiro de Gondarém en 1877. Na parte superior aparece dun lado a Virxe, mentres que no outro está a imaxe de Cristo crucificado, toda ela dunha soa peza. O fuste e o basamento, nos que se representan símbolos da Paixón, están rodeados dun enreixado de ferro colocado en 1906 para protexer a escultura.

Fronte ao cruceiro sitúase o santuario de San Campio, cuxa devoción se perde no tempo. A igrexa onde se venera hoxe en día dátase no ano 1804, construída sobre unha antiga capela en honra a Santo Antonio de Padua. Foi reedificada entre os anos 1871 e 1874. Consolidouse en 1974 e reformouse no ano 1993. José Luis Portela, reitor do santuario, escribiu amplamente sobre a orixe deste concorrido monumento. San Campio foi soldado romano que, ás ordes dos emperadores Diocleciano e Maximiano, participou na persecución dos cristiáns. Deus tocou o seu corazón coa chama da fe, o mesmo que á súa esposa Arquelaida e aos seus fillos. Dedicouse a axudar aos que antes menosprezaba, ben animándoos a aturar os suplicios do martirio, ben favorecéndoos nos cárceres. "Conocedor Diocleciano de la conducta de San Campio y del proselitismo que realizaba entre sus compañeros de profesión -explica Portela no libro San Campio 'de lonxe'. Su vida e historia en Figueiró-, le condena por delito de lesa majestad a sufrir un martirio más cruel que aquellos que él antes hacía sufrir a los cristianos. Y al escuchar su sentencia de labios del propio emperador, pide ver a su esposa y a sus hijos y les anima a seguir su ejemplo. Sufren todos juntos el martirio por confesar la fe de Cristo el 10 de febrero del año 306. Sus compañeros soldados -aquellos a quienes él mismo antes había evangelizado- depositan su cuerpo en el cementerio de San Calixto en Roma, en las catacumbas donde los cristianos se refugiaban, celebraban el culto divino y enterraban a los Santos".

Ao templo acoden diariamente devotos chegados dos máis diversos confíns. "O nome que recibe -refire o reitor José Luis Portela- de San Campio de lonxe débese a que os romeus veñen desde moitos quilómetros de distancia, e quédalle lonxe o santuario con relación a outros lugares onde se venera este santo".

Invócase para toda clase de enfermidades, especialmente en casos de cancro, doenzas reumáticas e nerviosas ou mentais. Na capela da cera e das ofrendas poden verse os exvotos segundo a enfermidade na que o santo mostrou -ou se espera que mostre- a súa intercesión.

Exteriormente, o templo destaca -á parte do seu tamaño- pola súa fachada principal, as torres (con balaustrada, campanario e estilizado remate) e o cruceiro situado na praza de San Martíño. No interior, ademais do altar e a imaxe de San Campio -unha talla realizada no século XVII-, sobresaen os seus catro púlpitos e os seus dous botafumeiros, algo inusual nun santuario rural. Dispón así mesmo de varias capelas, algunha de antiga tradición como a de a pesa, onde outrora o oferente facía a súa promesa en trigo, centeo ou sal en base ao seu propio peso. Para cumprir este voto hai unha balanza colgante do século XIX, onde nun prato se coloca o romeu e no outro a materia da ofrenda.

Dous botafumeiros e catro púlpitos

  • Non só os días da festa -celébrase venres, sábado e domingo da última semana do mes de xullo- acoden miles de devotos a San Campio. Todos os días do ano hai fieis que chegan a un santuario rural de grandes dimensións e profusamente adornado, infrecuente polo seu tamaño e mais as súas características, famoso tamén por ser lugar ao que se vai para curar todo tipo de meigallo. É tan inusual que conta con dous botafumeiros, un inaugurado o 10 de xaneiro do ano 2000 para conmemorar o inicio do novo século e do novo milenio, de 45 quilos de peso. O segundo, de 60 quilogramos, botou a voar o 1 de xaneiro de 2001. Funciona o primeiro día de cada ano, o 11 de novembro, todos os días da novena en honra a San Campio e na misa solemne en cada xornada da festa.O feito de que teña catro púlpitos obedece a unha razón histórica. Ao ampliar o templo (anos 1871-1874) construíuse a nave central e colocáronse os dous púlpitos actualmente existentes, do mesmo xeito que nas catedrais ou templos máis importantes. Na antiga igrexa había dúas sancristías espazosas para a catequese cuaresmal de adultos: unha para homes, outra para mulleres; en cada unha delas existía unha tribuna. Ao derrubar estas sancristías para seguir a obra de reforma do templo, colocáronse estoutros dous estrados no arco triunfal do altar maior.

Compartir el artículo

stats