Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De silencios e nihilismos

Os narcos na gran pantalla

Pablo Escobar (1949-1993).

Nos anos 2010 e 2011 publicáronse, respectivamente, as novelas Todo é silencio de Manuel Rivas -adaptada dous anos despois ao cine baixo a dirección de José Luis Cuerda- e El ruido de las cosas al caer,do escritor colombiano Juan Gabriel Vásquez. Ambas as obras amosaban dous episodios comúns: un primeiro elemento temático, o narcotráfico -con ambientación en Galicia nos anos 80,no caso de Rivas, e en Colombia, no momento da aparición e do derrube do imperio criminal fundado por Pablo Escobar, canto a Vázquez-,e un segundo que ten que ver co enfoque crítico e que podemos apreciar xa no título dos dous relatos: o silencio, cómplice ou temeroso, dun sistema criminal que chegou a ser aceptado por boa parte da sociedade,atrapada en disquisicións macbethianas e que se beneficiaba á vez que padecía os efectos da droga. O paso do tempo concede perspectiva; a perspectiva,reflexión, e a reflexión acarrea a penitencia. O ano pasado outro libro irrompeu con forza nos escaparates das librarías Fariña: Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia de Nacho Carretero Pou, que fai un crónica con testemuñas,moitas delas antagónicas: os protagonistas que sustentaron este sistema criminal e os que o combateron.

Netflix vén de acadar un importante éxito televisivo en todo o mundo coa serie Narcos, creada por Chris Brancato, Eric Newman e Carlo Bernard, que recrea a vida de Pablo Escobar. A pesar de non escatimar a brutalidade deste personaxe, a serie sucumbe por momentos nun proceso ambivalente, arrastrado polo carisma de Pablo Escobar, como un líder fascista, que suscita atracción nun primeiro contacto e repulsión a medio e cuto prazo, case como una metáfora da droga como elemento de consumo, feiticeiro ao principio, para acabar sendo devastador.

Nos últimos tempos, México converteuse en escenario do sadismo das mafias da droga. Coa recente elección de Donald Trump como responsable da maior potencia militar do mundo, non está de máis recordar unha frase coa que Carlos Fuentes iniciaba a súa novela Gringo viejo: "Pobre México, tan lonxe de Deus e tan preto de Estados Unidos". É, xustamente, a situación xeográfica de México a fonte da súa traxedia, atoparse entre o maior produtor de cocaína do mundo (Colombia) e o maior consumidor (Estados Unidos). Se tivese que elaborar un ranking de películas relacionadas co narcotráfico, sen dúbida algunha, situaría no primeiro posto o filme mexicano Heli (2013), de Amat Escalante, traballo polo que recibiu o premio a mellor director no Festival de Cannes dese mesmo ano.

No cinema español queda aída por facer, como acontece con outros moitos temas de forte pegada na nosa historia, unha película reflexiva que aborde o problema do narcotráfico. A mencionada Todo é silencio é unha película totalmente errada, mentres que El niño (Daniel Monzón, 2014) supón unha torpe imitación do cine de acción hollywoodiense. En cambio, Eloy de la Iglesia, e mais guionista Gonzalo Goicoechea, a pesar de non contar coa distancia na mirada que outorga o paso do tempo, ou quizais precisamente por atoparse demasiado achegado ao problema -tan preto estaban que ambos, director e guionista, acabaron atrapados na heroína- ofreceron un díptico extraordinario sobre os estragos da droga a pé da rúa en El pico (1983) e El pico 2 (1984). Máis de tres décadas despois, ambas longametraxes seguen a fender sensibilidades e conciencias, non só pola exhibición de imaxes bruscas, senón, sobre todo, por ese nihilismo que semella volver o dedo acusador cara un entorno global, cara a unha sociedade que fracasa e que, ademais, vai ocultar o seu fracaso condenando os drogodependentes a camiñar polos descampados das grandes cidades como zombis de The walking dead.

Cineuropa

  • Os festivais ofrecen un foro importantísimo para intercambiar experiencias e funcionan como unha vía fundamental para a circulación e coñecemento dunha gran parte do cine que non atopa acomodo nos circuítos, cada vez moito máis comerciais. O cancro da crise expandiu a súa metástase polos órganos máis sensibles da sociedade industrializada que, por desgraza, adoitan ser os relacionados con ámbito cultural por seren considerados polos gobernantes como algo prescindible e superfluo.Porén, pese a todas as pedras que obstrúen o camiño, a cidade de Santiago de Compostela, un ano máis e xa van trinta, celebra desde o pasado día 8 e ata o vindeiro 27 de novembro o Festival Cineuropa, onde se proxectarán máis de duascentas longametraxes repartidas en seis sedes diferentes. Este ano, o cineasta homenaxeado será Carlos Saura cuxo último filme, Zonda, un retrato da música popular arxentina, que xa foi presentado na Mostra de Venecia, será exhibido o vindeiro sábado,día 25. Outra das figuras distinguidas foi a actriz Lola Dueñas, premiada polo Festival pola súa versatilidade interpretativa nun acto que precedeu á estrea en España de Les ogres (2014), o último traballo da interprete, unha película francesa dirixida por Léa Fehner e baseada nun texto de Antón Chéjov.

Compartir el artículo

stats