Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Guadi Galego: "A música vai de dentro a fóra; despois, vén de fóra a dentro"

Guadi Galego: "A música vai de dentro a fóra; despois, vén de fóra a dentro"

-Os títulos dos seus discos adoitan ter, agachada ou non, unha forte razón de ser Por exemplo, Lúas de outubro e agosto tiña que ver co nacemento dos seus fillos. Que significado, denuncia ou mensaxe, hai detrás deste O mundo está parado?

-O mundo está parado é un paradoxo. O mundo vai tan rápido, tan extremo con tanta información, tan competitivo? que non consegue avanzar a nivel humano: falamos de refuxiados cando non damos refuxio, simplemente algo de caridade mal entendida(xa diluímos na diversión).Estamos parados, cheos de contradicións e incoherencias?.

- Co álbum anterior conseguiu a consolidación da súa carreira en solitario. Claro que din que é máis difícil manterse que chegar. Neste senso, concibiu O mundo está parado como unha continuación da liña emprendida en Lúas... ou na súa traxectoria cada disco é un mundo á parte?

-Este disco é de continuación,un pouco máis arriscado a nivel de arranxo e de composición pero, dende logo, continuista.

-O disco ábrese coa canción "Cedeira ", pero observamos que nela non só fala da súa terra natal, senón que é un motivo para reivindicar unha irmandade universal de persoas e lugares. Como facer compatíbeis os sinais de identidade propios con iso que se chama globalización?

-Para min, a vida e a música van de dentro a fóra, e despois de fóra a dentro. Eu son o que son polo lugar ao que pertenzo, son de Cedeira, do norte, galega e do mundo. Pertenzo ao lugar no que me criei, e no que medrei? Despois está o aprendido ao longo dos anos que ten que ver co globalizado. Non ten sentido para min que sexa doutro xeito.

-As letras de seis das dez cancións do álbum están escritas por Vde. Debemos interpretar isto con que cada vez ten máis seguridade como letrista ou que, agás excepcións, non atopa letristas que digan o que Vde. quere cantar?

-Este disco é unha partilla entre Carlos Abal, que aporta todo o deseño e fotografía máis tres temas a maiores, e eu A min apetéceme facer osmeus temas,escribo sobre o que sinto, se cadra non moi ben, pero si de verdade.En todos os discos meto temas doutra xente á que admiro.

-É obrigado preguntarlle por este novidoso formato de saída do disco: un vinilo que dentro leva un CD e dez fotos distintas na primeira tirada. Isto foi idea súa ou da compañía de discos?

-Evidentemente, miña? É un capricho, moi custoso, que sae a baixo prezo para que non sexa un produto de luxo. Mais teño que recalcar que a discográfica Boa Music me apoiou en todo momento.

-Internet provocou que agora existan outros xeitos de escoitar música. O feito de que este disco saia editado de forma tan orixinal é unha reinvidicación dos vellos formatos e dos tempos en que, ademais da música, importaba moito cómo viña envolta?

-É unha reinvidicación do artístico por derriba da música. Un formato especial, bonito, tanxible? Non pasa nada se non tes xiradiscos, porque leva cd engadido e o vinilo podes telo lucindo no salón. E de non querer mercalo,tes o produto dispoñible na Rede para todo o mundo,itunes,amazon,spotify?.

-Vde. empezou a escoitar discos en vinilo, en cassete ou en CD? Lembra cal foi o primiro "LP" que mercou e en qué contexto?

-Vinilo e cassete. O cd foi moooi posterior. Non lembro cal foi o primeiro disco mercado por min, pero apostaría a que algún de Milladoiro.

-Falemos do seu labor como compositora. Qué é o que lle sae primeiro: as letras ou as músicas (ou as melodías iniciais que dan lugar á música definitiva)?

-Depende, sempre comecei polas melodías,logo letras e logo harmonías.Agora, ás veces van a letra e a melodía -e taménharmonía- case á par?

-Vinicius de Moraes (que escribía as letras e logo dáballas a un compositor para que fixese as músicas) dicía que cada letra ten a súa melodía xusta e que esta melodía é única. Está de acordo ou caben varias melodías, e todas válidas, para un mesmo texto?

-Na música tradicional caben moitas letras para infinidade de melodías? Mais creo que non todas as letras merecen as mesmas melodías e, evidentemente, como se interpretan tampouco.

- Falando de letristas, escusas pola pregunta tópica,pero que lle parece que lle deran o Nobel de Literatura a Bob Dylan?

-Non me pronuncio, por descoñecemento da súa carreira en profundidade, nin da calidade das súas letras. Non domino o inglés? Nin teoría da literatura. Non teño unha opinión clara ao respecto.

- A estas alturas creo que xa ninguén fala de Guadi Galego como cantante de folk. Molestoulle nalgún momento que lle puxesen esa etiqueta porque consideraba que a limitaba estilisticamente?

-Non creo nas etiqu etas, non me gustan, nin na vida nin na música? Pero vir da música popular e seguir facendo música popular aínda que o xénero mude (ou non) encántame (risos).

-E como cantante, tanto en Vde. como nas/nos demais colegas que cantan, que é o que máis aprecia, a técnica ou o sentimento?

- (risos) Hai cantantes que cantan mal que me gustan, pero poucos, e hainos que son perfectos tecnicamente que non me din nada. Todo iso é cuestión de gustos?.como debe de ser.

Compartir el artículo

stats