Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Historia de pingüíns

Polo respecto e pola tolerancia

Historia de pingüíns

Kalandraka Editora vén de presentar na súa colección "Tras os montes" a historia de Roi e Silo, dous pingüíns macho que a natureza quixo unir coa bendición da amizade e o destino tivo a ben que o fixeran todo xuntos: camiñar, cantar, nadar,? ata formaren unha familia e con Tango ser tres.

No zoo de Central Park na cidade de Nova York viven familias de animais como as que forman os pingüíns. Pois ben, tamén Roi e Silo chegan a crear a súa propia coa axuda do seu coidador, o señor Gramzay, que despois de ollar o comportamento da parella de machos decide colocar no seu niño un ovo abandonado para que xuntos se convirtan en papás e críen a Tango.

A historia que ten unha base real foi literaturizada polos norteamericanos Justin Richardson, psiquiatra de profesión que se adica a impartir charlas dirixidas a profesores, estudantes, nais e pais sobre o desenvolvemento da orientación sexual de nenos e adolescentes, e Peter Parnell, guionista, escritor e produtor de recoñecido prestixio e cuxas obras foron representadas en Broadway, Nova York, Os Ánxeles e Seattle, entre outras cidades.

Con Tango son tres foi Libro Infantil Distinguido da Asociación Americana de Bibliotecas e Mellor libro Familiar de 2006 entre outros premios e agora da man de Sandra e Óscar Senra Gómez gozámolo na nosa lingua, feito que amosa a universalidade dos afectos e das palabras. Valores como o respecto e a tolerancia están na base desta fermosa historia que se converte en toda unha lección de vida ao amosar que a natureza, sempre sabia, supera as fronteiras dos sentimentos e instálase na cordialidade e na harmonía como forma ideal na que a diversidade, a miúdo, abrumadora e sorprendente é quen de crear o marabilloso e exuberante mundo da vida. De modo que no reino animal admítense de forma natural comportamentos que aos ollos do home non o son tanto, buscando case sempre ese equilibrio tan necesario para o ser vivo e do cal a historia de Roi e Silo son un referente.

Pola súa parte, as ilustracións do tamén estadounidense Henri Cole permiten unha lectura moi suxestiva ao acompasar cronoloxicamente a un texto que flúe e se expande por días, momentos e imaxes entrañables que teñen a vida como camiño e como meta.

RICHARRDSON, Justin e PARNELL, Peter, Con Tango son tres (Il. Henry Cole), Kalandraka, Pontevedra, 2016, PVP. 15 ?

Compartir el artículo

stats