Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Con vocación teatral

Entre o riso e a amargura

Con vocación teatral

A santiaguesa Editorial Huguin e Munin preséntanos Unha desolación, obra de 1999 escrita por Yasmina Reza (París, 1959), en tradución de Xavier Senín. Trátase da segunda obra narrativa da autora (de orixe xudía, pai ruso-iraniano e nai húngara), de grande éxito no pais veciño e gañadora de varios premios Molière de teatro (con Conversas tras un enterro, A travesía do inverno, Arte), ademais de, no ano 2000, o Gran premio do Teatro da Academia Francesa, como recoñecemento á súa carreira. Formouse en Socioloxía e Dramaturxia, sendo ademais de novelista, actriz, e sobre todo dramaturga.

Como se podería deducir, esta obra ten clara vocación teatral, pois a dramaturxia introdúcese na novela a través do monólogo, impregnado ademais de todos os ingredientes da farsa e algúns da traxedia, pois a a verdadeira pretensión da autora é facer auténtico un personaxe cómico e á vez dramático, que chega a sembrar os vellos maniáticos das obras de Molière, aderezado con ingredientes de farsa e vida vulgar y de tragedia ante a morte ou a fin da existencia que se intúe próxima. Trátase, pois, duna mestura tráxica e á vez cómica, e propón a disxuntiva meridiana entre risa e felicidade. A historia resulta finalmente traxicómica, pois, para o personaxe, a fuga decimoterceira de Bach, "cantada e bailada unha vida enteira, é inexplicablemente portadora de alegría", aínda que para el, "a alegría é un canto fúnebre", razón mesma pola que o soliloquio transcorre intermitentemente entre o riso e a amargura.

Neste monólogo, no que un pai, xudeu francés jubilado, ao final da sea vida se dirixe ao seu fillo para expresarlle o seu rancor e a sea desolación contra parentes e amigos, contra a xente coa que concorre onde sexa e, sobre todo, contra el, que só pensa, adaptado á vida francesa moderna, no consumismo e nas aparencias, na felicidade e en tomar o sol no Caribe? e nada máis: ser simplemente feliz. Feliz, para el unha palabra "noxenta": "Preferiría un fillo criminal ou terrorista antes ca un militante da felicidade", aínda que, certamente, as referencias que fai sobre a súa muller e a súa filla, son aínda máis agresivas e distantes. Non obstante, o monólogo está directamente dirixido ao fillo, co que está profundamente decepcionado, por crelo un adaptado totalmente carente de ambición, do cal se culpa, facendo ao mesmo tempo unha dura autocrítica.

Unha boa idea facernos dispoñer deste interesante monólogo en galego.

REZA, Yasmina, Unha desolación (trad. X. Senín), Ed. Hugin e Munin, Santiago, 2016, PVP. 14 ?

Compartir el artículo

stats