Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Home rico, home pobre

Crónica dunha distribución desigual

O empresario e informático Bill Gates.

O dato é dramático: a metade da poboación mundial (3.600 millóns de persoas), acumula a mesma riqueza que as 62 persoas máis ricas do mundo!

Fronte esta noticia os líderes mundiais, dende Barack Obama até Christine Lagarde, pasando por empresarios multimillonarios, como Warren Buffet, reaccionaron dun xeito semellante: fixeron chamamentos a pór límites a esa situación. Nesa dirección apunta, por exemplo, a coñecida, e recoñecida por todo o mundo, actividade filantrópica de empresarios como Amancio Ortega ou de Bill Gates.

Ora ben, é posible desligar a pobreza da desigualdade? Pódese atacar a pobreza sen atacar a orixe das desigualdades? Obviamente, a historia demostra que poden existir momentos, como foi o período da segunda posguerra mundial na Europa, nos que a relación capital - traballo estivo más equilibrada e, malia a existencia de profundas desigualdades sociais -sobre todo se analizamos ese período dende unha perspectiva de xénero e nacional (centro-periferia)-, a concentración de riqueza era menor que na actualidade; de feito, o que mostran todas as análises estatísticas é que a concentración de riqueza en cada vez menos mans está estreitamente relacionado co inicio da era da globalización ou do capitalismo senil que dicía Samir Amin e avanzou a pasos axigantados tras o inicio da crise de 2007, que é unha panca decisiva para o crecemento brutal das grandes fortunas.

Non obstante, entanto que, como nos explicou Marx, a pedra fulcral do capitalismo é a plusvalía e a súa orixe reside na explotación capitalista -que como tamén nos ensinou Marx é a estratexia de apropiación do traballo excedente que máis invisibiliza á explotación, fronte ao modelo escravo-amo ou servo-señor, que é a causa histórica das desigualdades sociais, que nos fan acceder ao mercado -ese mercado a onde todos concorreremos supostamente libres e iguais-, en desigualdade de condicións: en tanto que propietarios dos medios de produción ou da forza de traballo, a riqueza e, xa que logo, a pobreza, non se poden desligar das desigualdades e?, as desigualdades son inherentes ao capitalismo, en tanto que sistema de explotación dunha clase -o proletariado-, por outra -a burguesa-.

Daquela, mentres non se recoñeza a ligazón entre desigualdade -e explotación capitalista- e pobreza, non daremos cunha solución axeitada ao problema da pobreza do mundo, porque a pobreza é a outra cara da moeda da riqueza; de feito, os momentos nos que a relación capital - traballo estaban máis equilibrados foi no momento en que as fozas do traballo conseguiron pór límites á liberdade do mercado: lexislación laboral progresista, medidas socialdemócratas de redistribución da riqueza, políticas fiscais progresivas? e, xa que logo, á acumulación da riqueza. Porén, neses momentos, que son os anos dourados da socialdemocracia europea, non se atacou a cuestión da desigualdade, que permaneceu inalterada, seno esa a rzón de que cando as clases podentes consideraron que podían revirar a situación? actuaron sen contemplacións.

Certamente, atacar a pobreza é necesario, aínda que se faga dende a óptica propiamente neoliberal -por exemplo, o Banco Mundial cita entre os seus obxectivos reducir a pobreza mundial, do mesmo xeito que a Comisión Europea no informe España 2016 mostra a súa preocupación pola pobreza e a exclusión social que está a consolidarse como un mal estrutural en España-; non obstante, mentres non se ataque a raíz da cuestión: a explotación capitalista e as desigualdades, as medidas que se poidan propor dende as institucións neoliberais e socialdemócratas non serán outra cousa que bálsamos que non conseguirán evitar a reprodución da desigualdade, que é a fonte orixinal da que mana a pobreza.

Oxfam Intermon

  • O pasado 18 de xaneiro de 2016 Oxfam Intermon denunciaba, a través do seu informe sobre a pobreza Unha economía ao servizo do 1%, que na actualidade o 1% máis rico do planeta posúe máis riqueza que o 99% restante. Efectivamente, velaquí algúns dos datos ofrecidos por esa ONG: apenas 62 persoas posuían, no ano 2015, a mesma riqueza que as 3.600 millóns de persoas más pobres do planeta, isto é, a metade da poboación mundial; a riqueza desas 62 persoas aumentou, dende 2010, un 44% e?, a 'riqueza' da metade más pobre da humanidade reduciuse nun 41%; nos últimos 15 anos a metade da riqueza xerada no mundo foi a parar a mans do 1% máis rico, mentres a metade máis pobre da humanidade apenas recibiu un 1% da riqueza producida nese mesmo período.A conclusión deste informe reflíctese no seu título: "en lugar de ter unha economía que estea ao servizo da prosperidade de todas as persoas, das xeracións futuras e do planeta, desenvolvemos un modelo económico que só beneficia ao 1% da poboación". Obviamente, o informe apuntaba algunhas solucións: mellorar os salarios, manter baixo control o poder dos lobbys e das elites económicas, distribuír equitativamente o esforzo fiscal? Non obstante, deixaba sen resolver unha cuestión fundamental:É posible evitar a pobreza na sociedade capitalista?

Compartir el artículo

stats