Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Encontros que animan á lectura en galego

"Venres nas librarías"

Unha das obras que se presentarán no proxecto.

Quen dixo que non había sitio para a lectura nesta sociedade? Dende o pasado 2 de outubro e deica ao 28 de novembro, o último día da semana converterase en xornada de lectura grazas a iniciativa "Venres nas librarías", promovida pola Xunta e Consellerías de Cultura, Educación, Economía e Industria.

Este proxecto consiste non só na xuntanza para a lectura de libros, senón que vai un paso máis adiante e as librarías convértense nun espazo de encontro dos lectores cos escritores galegos que publicaron obras no último ano. Nesta iniciativa, que cumpre a súa segunda edición, participan un total de 17 librarías das catro provincias galegas. Nas reunións tamén se darán a coñecer as novidades editoriais galegas a través de amenas propostas.

O programa ofrecerá máis de 80 actividades durante as fins de semana de outubro e novembro para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor os autores galegos.

Nomes como os de Xesús Constenla, Afonso Eiré, Sergio Tannus, Pedro Feijoo María Reimóndez, Suso Lista e Andrea Barreiro serán algúns dos encargados de difundir a literatura galega a través de palestras, lecturas dramatizadas e poéticas, presentacións musicais e sobre todo, con propostas nas que se moverá a participación activa de público de todas as idades.

Ademais de editoriais e escritores, as librarías forman a terceira liña imprescindible do triángulo da cultura, xa que o seu papel neste programa é fundamental. Os concellos cuxos locais participan no programa "Venres nas librarías" son Vigo, Ourense, Lugo, Moaña, Santiago, A Coruña, Narón, Foz, Lalín, Cee e Sanxenxo.

As librarías nas que se realizarán esta iniciativa son Trama, Aenea, Nós, Couceiro, Káthedra, Cartabón, O Pontillón Andel, Suévia, Day, Pedreia, Bahía, Librouro, Vagalume e Ler.

A pesar de que se trate dunha iniciativa pensada para todos os públicos, os máis cativos teñen un día reservado para eles. Os sábados, e como novidade nesta segunda edición, os pequechos da casa poderán gozar de actividades que xiran arredor de obras como O valente coello que quixo soñar, de Miguel Ángel Alonso, Alegría! de Sergio Tannus, Unha viaxe polo mundo, de Maimiñas ou Un conto do revés, de Fran Amil, editados por Galaxia.

Aínda que se trate dunha iniciativa para fomentar o papel, non debemos esquecer outros recursos que poden favorecer e impulsar o proxecto lingüístico e literario: as redes sociais.

Para buscar unha nova atracción e conseguir que un maior número de personas se sumen ao "Venres nas librarías", nos encontros levaranse a cabo un concurso chamado "Andel do agasallo".

O funcionamenteo é simple. Cada semana, as persoas que participen na xuntanza deberán adiviñar, mediante pistas, de que libro se está a falar.

Os autores ou moderadores comenzarán a ler pequenos fragmentos ou describirán persoaxes e/ou ambientes que se describan nas obras; a partir de aí, a misión dos asistentes rconsistirá en ser capaces de adiviñar do libro do que se trata. O lector que o acerte levará de agallaso ese novo título editorial.

O concurso realizarase a través das contas de Twitter @conscultura co hastatg #andeldoagasallo e a través de Facebook, www.facebook.com/CulturaGalegaXunta.

A segunda edición de "Venres nas librarías" prolongarase durante os meses de febreiro e marzo do ano que vén, datas nas que se programarán novas actividades arredor das publicacións máis recentes, para achegarlle á nosa cidadanía o libro e mais a lectura a través dos últimos e máis novos traballos das escritoras e escritores galegos.

Novo fin de semana de actividades

  • Mañá día 16 de outubro, os galegos poden disfrutar dun novo venres de lecturas no noso idioma nai.O escritor Paco Rivas estará en A Coruña na libraría Couceiro para falar da sua obra De punta a Chicote ás 20.00 horas.En Vigo, Pedro Fejióo será o encargado de leer Morena, perigosa e romántica na librería Andel a partir das 20.00 horas. Narón tamén acolle na libraría Day O coitelo de pedra fundida de Antonio Vidal a partir das 19.00 horas.En Santiago, Flor González Mujico falará de Hércules y la misteriosa medalla en Pedreira a partir das 20.00 horas. Por último, na libraría Trama, Sergio Tannus e Vicente Piñeiro falarán de Alegría! e Lola Touza, a Schidler galega.O sábado 17 será o día dos máis cativos coas actividades lectoras en Vigo e Foz de Unha viaxe polo mundo de Maimiñas na cidade coruñesa e de O valente coello que quixo soñar na libraía Librouro da cidade olívica.Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Librarías de Galicia recoñece a importancia destas actividades para a dinamización das librarías. "Estes locais tiñan que ter un papel fundamental entre os lectores, autores e libros, e con este proxecto, iso estase a conseguir."Rodríguez recoñece ademais que o día que conta coa mellor acollida é o sábado, coas lecturas para os máis pequenos. "Trátase dun público amante da lectura e que lla queren inculcar aos fillos. Esperemos que explote e chege a todos os públicos", engade.

Compartir el artículo

stats