Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Escenas recorrentes

Cando reina a naturalidade

Escenas recorrentes

Era un día marabilloso e Elefante estaba feliz polo que decidiu que daría un paseo. O percorrido non o fixo só, outros animais uníronse a el e xuntos compartiron a andaina que rematou con eles no lago.

Como nada pode estragar un día marabilloso, o protagonista do conto O paseo do elefante, escrito e ilustrado por Hirotaka Nakano e publicado por Lata de Sal na colección "Vintage", pon todo o seu empeño en satisfacer as peticións dos animais cos que se vai atopando aos que, ademais de invitalos a pasear, carreta sobre o seu lombo.

O paquidermo convértese deste modo nun ser querido que irradia alegría alí por onde pasa, mesmo se o final rematan cun baño nas augas do lago.

Agora ben, se se realiza unha lectura inferencial, isto é, aquela na que o lector, a partir de datos que extrae do texto, descobre información semioculta coa que complementa a mensaxe do emisor, ademais do optimismo de Elefante, advírtese que o comportamento dos amigos resulta lixeiramente interesado, porque ante o ofrecemento hai sempre unha condición que o protagonista ha de aceptar se quere estar acompañado. O animal máis grande do mundo aparece no conto como un ser bondadoso que pretende establecer cordialidade entre os membros do seu hábitat. Tampouco é casual a escolla dos outros animais: un hipopótamo, un crocodilo e unha tartaruga completan o grupo para desmitificar en certa medida a fereza, polo menos, dos dous primeiros.

Ademais do contido, sería destacable a repetición de estruturas lingüísticas e de esceas no relato que pretenden ser recorrentes e que favorecen determinadas estratexias de aprendizaxe nas que os cativos han de afondar á hora de percibir a realidade e que teñen que ver coa empatía e a vontade, de modo que o proceso que se repite certo número de veces dentro dun pseudocódigo resulta altamente atractivo. Ademais a linguaxe simple e concisa que emprega achega ao conxunto unha importante afabilidade.

A nivel plástico, as ilustracións que o propio autor realiza baseadas no trazo sinxelo e ben definido, no colorido amable e na expresión de felicidade permanente nun entorno sementado de árbores perfectamente dispostas, propician unha lectura na que reina a naturalidade.

NAKANO, Hirotaka, O paseo do elefante, Ed. Lata de Sal, Madrid, 2015, PVP. 13, 90?

Compartir el artículo

stats