Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Bacelos de Prata, viños moi galegos

O escritor galego Álvaro das Casas (Ourense, 1901), enormemente comprometido con Galicia, foi o fundador da primera cooperativa de viño en O Ribeiro. Xa na primeira metade do SXX, defendeu que a Comunidade tiña que mellorar a calidade dos seus viños, internacionalizalos e, sobre todo, vinculalos coa súa lingua e cultura.

A asociación que leva o seu nome cumple xa XI edicións organizando os premios Bacelos de Prata cos mismos obxetivos que das Casas e buscando, polo tanto, a normalización do galego no noso vitícola. Este ano, como novedade, incluiu entre as candidaturas do certame a todo o agro-alimentario galego, habida conta, explican, da existencia de outros actores importantes neste campo.

Así, por primeira vez, un dos premiados non está relacionado co mundo do viño, senon coa produción de leite, trátase de Hoxe Sociedade Cooperativa Galega. O primeiro dos galardonados, en calquera caso, sí é unha adega. Concretamente, O Alborexar no Ribeiro, un xoven proxecto no seo da D.O máis antiga de Galicia, que elabora tintos con castes autóctonas.

Como ven ocurrindo desde fai máis dunha década e tal e como reza o acta do certame: "sendo as 19:30 horas do 20 de outubro reuníronse no Pazo dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia, os membros do xurado dos Premios Bacelos de Prata, D.Clodio González Pérez, vicepresidente da Asociación Álvaro das Casas: D. Xosé Carballido Présas, técnico facultativo da Consellería de Medio Rural; D.Xosé González Martínez, presidente do Foro Peinador; D. Celso Domínguez, colleiteiro; D. Francisco Novoa Rodríguez, empresario; e D. Cándido Vázquez Mosquera, hosteleiro; actuando de secretaria Dª Carme Pérez Vaquero, secretaria da Asociación Álvaro das Casas; quen logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordaron conceder os Premios Bacelos de Prata nesta edición a:

Adega Alborexar no Ribeiro de Cortiñas (Castrelo de Miño-Ourense) da D.O. Ribeiro; unha nova adega constituida por mozos inquedos e ilusionados que elaboran viños e que transmiten o que fan na viña para que perdure no tempo cunha identidade propia utilizano castes autóctonas como o brancellao, caiño longo, ferrín e sousón e coa seguridade de que tamén no Ribeiro poden conseguirse extraordinarios tintos. Nesta andaina empresarial apostan pola utilización da lingua galega na etiquetaxe das súas marcas O Alborexar e O Alborexar 4.O. O xurado valora o esforzo na creación dun viño de gran calidade, con marchamo de identidade galega na súa botella porque é fundamental para espallar a riqueza da nosa lingua e cultura".

Compartir el artículo

stats