Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sálvese quien pueda

Carta del mar: Colón versus Pedro Madruga

¿Sería este "domicilio", en Soutomaior, la vivienda habitual del que luego sería Colón? // FDV

"Na pasada noite de San Xoán, na praia da Mourisca, cando as fogueiras perderan xa a súa intensidade, nese momento máxico no que o día comeza a vencer á noite, antoxóuseme afastarme do ruido da xente e decidín trocalo polo murmullo do mar. E foi neste intre que me acheguei a beira a escoitar as ondiñas, que os meus ollos craváronse no que semellaba un anaco de vidro. Sempre disfruto dos cristais nas praias, polo traballo que neles imprime o mar, ese gran creador de formas. Pero a sorpresa sobrepasou a miña xa de por sí axitada imaxinación, cando acertei a ver o que era... unha botella cunha mensaxe!... e dicía así:'Amiga, amigo, se cae nas túas mans esta mensaxe pídoche que o fagas chegar ao seu destino, as mans do xornalista de FARO DEVIGO, Fernando Franco. Asinaba o texto Ned Land".

Así de bien cuenta el morracense Xosé Meixide el hallazgo de una de las botellas, la número 25, que desde hace unos tres años nos llegan aleatoriamente por mar a alguna de nuestras playas, lanzadas desde algún lugar de la ría por un personaje que guarda su anonimato. Nunca antes había pasado pero justo uno de esos días en que Meixide nos llama, suena nuestro teléfono y alguien habla desde Baiona para dar parte del hallazgo de otra botella con mensaje, aunque quizás llevara un mes atrapada y sin ser vista entre las gomas de un pantalán.Y es que, cuando nuestro anónimo escribidor no ve publicado su texto, vuelve a enviar copia otra vez por igual procedimiento. La encontró Juanjo Rorís, que con Patricia Gómez gerencia ese restaurante Estación Marítima Baiona volcado sobre el agua, maravilloso espacio de cocina tradicional. El texto,en forma de diálogo,hablaba de Colón y decía así.

-Vostede é mariñeiro? -De toda a vida. -Sabe quén foi Cristóbal Colón? -O que descubriu as Américas. -E, sabe de onde era? -Italiano, seica. -Non. home, non. Era galego. -Galego? -Sí, pontevedrés. -Non lle sei eu... -Qué lle dí Pedro Madruga de Soutomaior?. -O nome dun albariño?. -Pode, pero foi un home que viviu no século XV, señor de moitas terras. -Eu sei.Aínda resta un castelo. -Exacto. E se lle dixera que Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa? -Non o vexo... -Pois sí. Este cabaleiro feudal, que tiña a súa residencia no castelo chamábase Pedro Álvarez de Soutomaior, aínda que pasou á historia polo alcume de Pedro Madruga, seica pola súa teima de erguerse tan temperán para loitar. A causa é que naquela época houbo a guerra "Irmandiña" ,o levantamento dalgúns fidalgos, pequeno clero e xente do común contra os abusos dos grandes señores como o de Soutomaior. A revolta irmandiña pillouno co seu irmán Alvar Páez, fillo da mesma nai pero non pai, e fuxiron xuntos para Portugal, onde casou coa filla dun fidalgo portugués".

Máis tarde acadaría o apoio do país veciño na loita pola sucesión da coroa de Castela,na que Madruga púxose do bando de Xoana "a Beltranexa" e convirtiuse en inimigo dos Reis Católicos. A historia oficial conta que se refuxiu nos dominios do Duque de Alba para pedirlle que intermediase no perdón dos reis. Aí desaparece Pedro Madruga, e segundo algúns morre en Alba de Tormes, mentras que outros investigadores, como é o caso de Alfonso Philippot, afirman que xusto nese momento transformóuse en Cristóbal Colón.

-E qué hai de certo?

Todos os datos apuntan a certeza desta teoría. Nas Américas descobertas polo gran navegante existen máis de douscentos lugares con nomes de outros tantos sitios das nosas costas. Tamén compre decir que a nave capitana do Descubrimento, a Santa María, era a "Gallega", construida na Moureira pontevedresa.

O cronista Francesillo de Zúñiga fala de Diego de Soutomaior (fillo de Pedro Madruga) como fillo de Colón. É loxico o cambio de nome como inimigo dos Reis Católicos, a súa relación con Portugal, o acceso aos monarcas máis poderosos, cousa imposible para un plebeyo. -Semella creíble... -Direille máis. O único sitio no que existía o apellido Colón, non Colom nin Colombo, era en Pontevedra. Por se fose pouco, todos os grafólogos aseguran, sen dúbidas, que a escritura dos dous persoaxes é a mesma, así como os xiros gramaticais en galego. -Xa pero,o de navegar, onde aprendéuno? -Pois lle direi que de máis novo había marchado a Portugal co seu irmán, bastardo como íl pero da misma nai, Bartolomeu. Alí aprendeu as técnicas máis avanzadas da navegación. -Entón,porqué non se reconoce que é de aquí? -A historia é segundo quen a escriba. Houbo intereses en que así fose. Os Reis Católicos aceptaron a posibilidade das riquezas das Indias pero non podían darlle o mérito a Pedro Madruga. Dese forzoso pacto de silencio outros como Italia, Cataluña, Mallorca...tiraron proveito reivindicando a sús procedencia. Pero era tan galego coma nós.

No mar de Vigo, xuño 2016

Ned Land

Compartir el artículo

stats