Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

FARO DA ESCOLADescubrir a Prehistoria

Actividades no Colexio Amor de Dios para valorar a importancia do patrimonio cultural

Clase práctica sobre a Prehistoria en Campo Lameiro.

O alumnado de 1º de Primaria do Colexio Amor de Dios de Vigo embarcouse nun proxecto que, na súa fase inicial, mergullouno de cheo nunha fascinante investigación sobre a Prehistoria e a arte rupestre. O obxectivo era coñecer e comprender a forma de vida na Prehistoria, apreciar valores culturais e estéticos da arte rupestre e, entre outros, valorar a importancia do noso patrimonio cultural. Os alumnos recibiron o encargo do afamado arqueólogo Charlie Stone que lles encomendou unha divertida misión coa que están aprendendo moito.

A andaina comezou na visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde algúns membros do equipo do profesor Stone acompañaron aos rapaces nunha aventura que os levou a coñecer como vivían os homes e mulleres da Prehistoria, as súas expresións artísticas, os utensilios que empregaban e os inventos que facilitaron a súa vida.

Ademais puideron elaborar coas súas propias mans vasillas de arxila, seguindo as técnicas que empregaban no pasado e observaron abraiados como se podía facer lume sen chisqueiro.

Unha vez coñecido o contexto histórico, xa están preparados para entender a arte rupestre e reproducila, actividade que continuarán no Colexio desenvolvendo a sensiblidade cara o mundo da arte e utilizando a linguaxe plástica como instrumento de expresión.

Os escolares están moi motivados coa investigación que están levando a cabo e seguro que han chegar moi lonxe, xa que cando historia e natureza, cultura e paisaxe se dan a man nun entorno atractivo permítese que a valoración da aprendizaxe sexa realmente integral.

Compartir el artículo

stats