Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cine miúdo para os máis pequenos

Cine Miúdo chega un ano máis da man do Primavera do Cine en Vigo para mostrar ós máis pequenos a estreita relación que hai entre o cine e a música e convertelos nos auténticos protagonistas da xornada. Entre o 9 e o 11 de maio no Teatro Afundación, os cativos poderán ver diferentes pezas de cine musicalizadas ó vivo grazas ó trío Casperverk e ata poderán substituílos e ser eles mesmos os encargados de harmonizar os filmes. A iniciativa promovida polo Primavera do Cine está destinada exclusivamente ós colexios. Será necesario que o centro formalice a inscrición no correo electrónico cinemiudo@primaveradocine.com

A través de diferentes xogos e actividades, o programa de Cine Miúdo dividirase nun total de catro bloques nos que se explorará a vinculación da música co cinema.

A parte máis divertida chegará cando sexan os propios rapaces os que toquen diferentes instrumentos de percusión para facer, en directo, a banda sonora dun anaco de película. Así descubrirán o emocionante de facer música para o cine. Ademais asistirán a un pequeno concerto no que Casperverk interpretará o comezo da clásica banda sonora de Indiana Jones.

Compartir el artículo

stats