Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ciencia en inglés en O Castro

Más de dos mil personas se citan en la Science Fair del colegio O Castro British School de Mos

Imaxe da Semana da Ciencia: experimentos cos científicos do CSIC.

"Mércase o que ten prezo; o que ten valor, conquístase". Con estas palabras invitamos á reflexión ao noso alumnado nesta décimooitava edición da Semana da Ciencia.

Este ano o obxectivo foi suscitar nos rapaces e nas rapazas inquedanza polos fenómenos naturais, convencidos de que isto suporá un paso adiante no progreso da sociedade. Sabemos que o esforzo intelectual inquisitivo faculta ao ser humano a facer achegas de singularidade decisiva na súa historia social e na súa evolución, ao indagar e averiguar cal é o verdadeiro principio da realidade.

Este ano tratamos de concienciar sobre a problemática dos lumes, visibles neste outono e de consecuencias medio ambientais graves para a nosa contorna ao interrompérense os ciclos naturais dos bosques, desaparecer as especies nativas e proliferar as plantas invasoras. Por iso, a entrada do Colexio estivo presidida por unha recreación dun bosque autóctono galego con especies características que amosen a riqueza da biodiversidade e que permita aprender que, valorando o ecosistema, posibilitamos o seu desenvolvemento sostible.

A participación de máis de setecentos nenos e nenas no Proxecto de repoboación dos montes da contorna de Vigo, dirixido pola Comunidade de Montes de Matamá, estase convertendo nunha das actuacións máis emocionantes para o alumnado de Infantil e Primaria. Preparar a terra, poñer a semente e coidar a planta para a súa posterior reubicación no monte é para eles unha experiencia enriquecedora que, sen dúbida, dará os seus froitos.

No acto de inauguración interviron Foad Alawi, médico sirio, e José Luis Barreiro, coordenador de Entreculturas de Galicia-Asturias coa charla "Siria, da orixe á civilización" que se complementou cunha exposición sobre refuxiados "Somos migrantes".

Compartir el artículo

stats