Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premio para o IES Torrente Ballester de Pontevedra

Gaña, xunto co CEIP San Luis Romero de Carballo, o Concurso das Letras

l l

O IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra e o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) fixéronse cos galardóns do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas modalidades de educación infantil e primaria, co traballo 'Victoria Moreno, mestra con alma' e de educación secundaria e ensinanzas especiais, co traballo 'Sombra e luz', respectivamente.

Os dous centros gañadores recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros cada un e o profesorado implicado no seu deseño e posta en marcha, unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto). Ademais, as dúas coleccións de 10 carteis que integran cada unha das mostras e as súas correspondentes guías didácticas, imprimiranse e distribuiranse en preto de 2.000 puntos de Galicia e do exterior. O obxectivo é achegarlle ao alumnado, á sociedade galega, á colectividade emigrante e ao estudantado de galego no estranxeiro a figura de Mª Victoria Moreno e a súa obra.

Na categoría de ESO e Bacharelato, a mostra gañadora resultou ser 'Sombra e luz', do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, que presentou unha serie de carteis de grande orixinalidade nos que a imaxe da autora se repite unha e outra vez a xeito de icona pop. O resultado, segundo o xurado, "é un conxunto harmonioso e moderno, dunha elevada calidade técnica, estética e artística, cunha combinación cromática moi axeitada, que contribúe de xeito eficaz a acadar o obxectivo de promover e difundir a figura da autora homenaxeada.

Compartir el artículo

stats