Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A ESCOLA DO FAROO circo de Porto Cabeiro

O colexio redondelán celebra un Entroido innovador e solidario

O Entroido do colexio público de Porto Cabeiro, Redondela, foi organizado de xeito totalmente distinto que outros anos, nos que soamente facían un desfile. Este ano engadíronlle o compoñente solidario, xa que este curso colaboran coa Asociación Sonrisas por Tiritas, polo que o que recaudaron de vender (unha doazón totalmente voluntaria das familias) unhas entradas, palomitas, etc.. foi entregado íntegramente a esta asociación.

Esta asociación tamén colaborou no Día da Paz, achegándose ao colexio a dar a coñecer o seu traballo cos nenos/as que están hospitalizados a cargo de 3 doctores "Tiritas", e tamén fixeron unha serie de xogos con todo o alumnado do centro.

O entroido deste curso consistíu na realización dun espectáculo circense con todo o que esto conleva: preparación de decorados -carpa, pista, ...-, elaboración dos traxes, vestimenta de todos os artistas, a preparación e ensaio de cada número do circo: malabares, contorsionistas, magos, pallasos, equilibristas, mimos, zancos, domadores de letras, forzudos,presentadores, persoal do circo, músicos, bailaríns,.. que corre a cargo de cada mestra/e do centro.

Cada número estivo formado por alumnos/as de todos os cursos, é dicir, todos os grupos tiveron artistas de todas as idades. Tamén se prepararon entradas por parte dos alumnos/as, preparación e publicación dos carteis que anunciaron á Comunidade educativa o día do espectáculo,etc..Todo un éxito de organización e traballo de alumnos e profesores.

Compartir el artículo

stats