O alumnado de Colegio Vigo celebrou o Entroido de forma moi especial facendo un pasarrúas pola Alameda de Redondela. O día estaba gris pero as cores puxéronas os nenos e nenas de Infantil e Primaria que foron amablemente recibidos na porta principal do Concello polos concelleiros Arturo González, Mª Teresa Paris e Ángela Antón e por suposto coa presencia da Coca Simona que bailou alegremente con todos os rapaces. Os responsables do colexio agradeceron tanto aos concelleiros como aos membros de Protección Civil de Redondela por darlles unha acollida tan cariñosa e por telo todo tan ben organizado para a visita dos escolares.