Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Eco-Entroido no colexio Possumus

Eco-Entroido no colexio Possumus

O Colexio Possumus do barrio vigués de Teis, seguindo a temática do Proxecto de Centro baixo o lema "Somnos Verdes", celebrouo seu Eco-Entroido,

Foi un entroido centrado na reciclaxe e onde se premiou a orixinalidade na creación dos disfraces con materias primas ás que se lle deu un novo uso. Tanto o alumnado do centro, como o profesorado e as familias demostraron que con poucos cartos e moita imaxinación pódense crear disfraces moi orixinais que contribúen ao mesmo tempo á conservación do medio ambiente.

Houbo disfraces moi orixinais e creativos, feitos con cartóns, bolsas de lixo ou bolsas comerciais, globos, chapas, etc... mesmo puidemos ver algún pequeno detalle como uñas feitas con papel de xornal!Foi un día de moito baile e diversión, e a media mañá o alumnado tivo a ocasión de degustar todo tipo de doces típicos do entroido, orellas, filloas e bicas.

Compartir el artículo

stats