Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tirar os muros contra a paz no Andersen

O Colexio Andersen celebrou o Día da Non Violencia coa proposta "Muros contra a Paz". No proxecto participou todo o alumnado. O fío condutor foron as pezas do muro que curso a curso elaboraron, investigando a problemática nos distintos lugares do mundo dos problemas xenerados pola división e aillamento das persoas por cuestión políticas, económicas ou culturais. Neste traballo púxose de manifesto o complexo e traumático que resulta a súa construción e o fácil que sería romper barreiras e abrir esperanzas de liberdade e mestizaxe de todas as persoas do mundo. Para realzar esta actividade contamos co artista plástico Pedro Amutio, antigo alumno do cole, que realizou un mural adicado á Paz.

Compartir el artículo

stats