Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carreira solidaria no colexio Pombal

Axuda para a ONG Save the Children

Imaxe dos participantes na carreira "Quilómetros de solidaridade".

O Colexio Pombal de Vigo celebrou o Día Escolar Internacional pola Paz e a Non Violencia. Este ano, toda a comunidade educativa acordou apoiar a iniciativa da ONG " Save The Children" .

Dende 2013 a mitade da poboación do Sudán do Sur emigrou por motivos bélicos a outros paises, sendo os cativos os máis vulnerabeis á situación de violencia e desnutrición.

Coa carreira "Quilómetros de solidaridade", alumnos e profesores do Pombal tratan de colaborar para conseguir alimentación suplementaria para os menores malnutridos e mercar vacinas e atención médica, ademáis de proporcionar lugares seguros para os menores que quedan sen as súas familias.

Foi unha xornada moi emotiva pola implicación de toda a comunidade educativa. O centro agradeceu a participación e a aportación económica.

Compartir el artículo

stats