Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A ESCOLA DO FARO O horto do Paraixal

Alumnos e avós comparten tarefas de prantacións no colexio vigués

Os alumnos do colexio Paraixal traballan no seu horto.

O colexio Paraixal do barrio vigués de Teis, que participa no concurso FARO DE ESCOLA, puso en marcha para o presente curso académico un proxecto no que están implicados os alumnos e tamén os seus avós. Este curso 2017-2018 comenzou no Paraixal con grandes proxectos. Un deles é o horto que comenzaron a preparar este ano. "Para levar o proxecto a bo porto pedímoslle a colaboración aos avós do centro que gustosamente quixeron participar e compartir experiencias cos seus netos", aseguran os responsables do proxecto.

O primeiro que fixeron profesores, alumnos e avós foi preparar o terreo dentro das instalacións do colexio. "A terra estaba moi branda porque temos a sorte que o terreo está situado ao norte do colexio o que fai que a terra sempre estea húmida, coa contrapartida de que non temos moito sol e non sabemos como nos vai a sair a colleita", comentan dende o colexio.

Os participantes no proxecto teñen pensado facer dúas prantacións: unha de inverno e outra xa pensada para a primavera. O proxecto contempla que "no inverno prantamos repolos e na primavera prantaremos o forte os tomates, leitugas, cebolas...". "Pero ademais este ano quixemos decorar dunha forma moi orixinal o colexio. Espazos que antes estaban tristes agora florecen. Foi o que pasou coa parede da entrada do colexio que era triste e monótona e agora creamos un xardín vertical", resaltan dende o colexio. Para construilo pedíronlle aos seus alumnos que trouxeran botellas de auga e de refrescos para que fixeran de maceta.

Unha maneira de reciclar dunha forma decorativa o centro, que está moi ilusionado co seu primeiro horto e coas experiencias que terán os seus alumnos con estes traballos.

Compartir el artículo

stats