Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os ciberexpertos do E. Pondal

Os alumnos de 6º de Primaria participan nun proxecto piloto para mellora-la súa educación dixital

O inspector de Policía Luis Alberto Luaces, cos alumnos do curso.

O alumnado de sexto curso do CEIP Eduardo Pondal de Vigo participou no proxecto piloto "CIBEREXPERT@S". Os escolares participaron nun curso de formación de dez horas de duración denominado "Formación en el uso seguro de internet", no que se trataron temas como o ciberacoso, o ´grooming´, o ´sexting´, tecno adiccións, suplantación de identidade ou a privacidade. O curso foi mpartido polo inspector de Policía Luis Alberto Luaces Bustabad en colaboración con Telefónica e Cibervoluntarios

Dado que o acceso dos máis novos a Internet xera dúbidas nos adultos sobre cómo afrontar a súa educación nace o programa ´Ciberexperto´, coa finalidade de aportar unha mellor educación dixital ao entorno familiar e educativo dos nosos menores. Trátase dun proxecto de capacitación respondendo a esa demanda de orientación na educación dixital, e recollendo os temas que máis afectan aos menores, como demostra a experiencia dos axentes neste ámbito.

Os obxectivos do programa son formar aos menores para minimizar os riscos inherentes ao uso cotidiano das TIC, facilitar ferramentas para unha navegación máis segura, capacitalos para unha comunicación axeitada nas redes sociais e conciencialos da importancia da privacidade tanto ´on line´ como ´off line´.

Para conseguir estas metas crearon a web www.ciberexperto.org, onde se atopa toda a información e material formativo do programa e permite, ademáis, a denuncia de situacións de risco na rede, especialmente relacionadas con menores.

Compartir el artículo

stats