Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Magosto no Colegio Vigo

Magosto no Colegio Vigo

O Colegio Vigo celebrou o tradicional Magosto nunha xornada de portas abertas ás familias. O acto comezou coa intervención dun grupo improvisado de cantareiras, As Choliñas, que animaron a todos os presentes a botar unhas pezas ao son de gaitas e pandeiretas. Os alumnos e alumnas da ESO leron o pregón de benvida ilustrándonos sobre a orixe e intención desta festa. Houbo actuacións de alumnos de Infantil e Primaria onde non faltaron poesías e loas ás castañas, cancións tradicionais e incluso un "Rap do magosto". O espectáculo rematou coa interpretación de alumnos de 3º da ESO que amenizaron a festa con música galega.

Compartir el artículo

stats