Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cabazas e contos de medo no CEIP N. S. dos Remedios

Cabazas e contos de medo no CEIP N. S. dos Remedios

O CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebrou o Samaín/Halloween cunha exposición de cabazas e outras criaturas terroríficas feitas polos escolares coa axuda dos seus pais e nais. Ademais, o equipo de Biblioteca organizou unha actividade onde os alumnos dos niveis máis altos escribiron historias de medo e leron aos seus compañeiros. Tamén escoitaron cancións relacionadas co Samaín/Halloween, e a lectora de Londres, Emily, explicou no seu idioma como celebran esta festa no seu país. Os alumnos disfrazáronse de personaxes de terror. Na celebración do Magosto participou alumnado e profesorado. Este curso non fixeron fogueiras e cociñaron as castañas en asadores. Os rapaces e rapazas construíron caixiñas e cucuruchos para recollelas.

Compartir el artículo

stats