Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un guion de premio

O CEIP Eduardo Pondal de Vigo gaña o premio Blanco Amor coa súa curta "Árbores no camiño", no OUFF Escola de Ourense

Imaxe de profesores e alumnos do colexio Eduardo Pondal na recollida do premio Blanco Amor ao mellor guion do OUFF Escola na gala celebrada no Auditorio Municipal de Ourense.

O CEIP EDuardo Pondal de Vigo ven de gañar o prmeio Blanco Amor ao Mellor Guion do OUFF Escola Festival Internacional de Cine de Ourense na que participaron coa curta " Árbores no camiño".O traballo premiado foi realizado polo alumnado de Educación Infantil no curso 2015/2016 e realizada ao abeiro do programa de Dinamización Linguistica "Nós tamén creamos". Os responsables da iniciativa presentaron o traballo ao certamen OUFF Escola e resultaron gañadores do premio Blanco Amor ao Mellor Guión das 74 curtas presentadas ao certame.

O certame de cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Compartir el artículo

stats