Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O verán de Abertal

Campamentos urbanos e formativos en Galicia

Talleres de pintura para os máis cativos.

O Centro Xuvenil Abertal, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, realizou na súa ´campaña de verán´ actividades de conciliación familiar, campamentos de grupos formativos, campamentos urbanos.Co final do curso pasado daban comezo, na súa décima edición, as ´mañás de verán´, que facilitou a conciliación da vida familiar e laboral. Con 522 participantes e 74 animadores e animadoras distribuídos ao longo das cinco semanas que durou a oferta. Destinatarios desta oferta foron nenos e nenas de 3 a 12 anos, que con posibilidade do servizo de madrugadores e friameira, participaron en distintas actividades, obradoiros e excursións ao longo das semanas. A procedencia de quen participa nesta actividade é diversa: familias do veciño colexio salesiano, familias que traballan na contorna, familias que chegan polo ´boca-orella´... creando un ambiente de diversa participación que favorece a integración dos menores. Abertal, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco (Santiago de Compostela) organizou unha nova edición do Curso de Monitores de Tempo Libre con preto de vinte participantes.

Tamén se desenvolveron campamentos para os nenos e nenas que semanalmente participan nos grupos formativos de Abertal. Así, procedentes deste Centro Xuvenil, no campamento Saltimbanquis [6-8 anos], desenvolvido en Castrelo (Cambados) participaron 11 destinatarios e 3 educadores; en Andaina (Foz) 44 rapaces [9-11 anos] e 3 animadores; en ADS [12-14 anos] en Castrelo (Cambados) 55 rapaces e 4 animadores; en Iniciación [14-16 anos] tamén en Castrelo 47 rapaces e 7 animadores; en catecumenado [16-18 anos] en Allariz (Ourense) 20 rapaces e tres animadores e no campamento de maiores de 20 anos, participaron tres persoas procedentes do centro. En total, preto de duascentas persoas procedentes de Abertal participaron nestes campamentos de ámbito autonómico.

Campamento Urbano

A actividade de maior tradición do verán de Abertal é o Campamento Urbano que este ano acadou a súa XXIX edición. Nos últimos anos vense realizando en estreita colaboración co Concello de Vigo e desenvólvese con sede no pavillón das Travesas. Fidel á súa filosofía dun campamento aberto, libre e gratuíto este ano tivo máis de 50 participantes (de entre 8 e 14 anos) e máis de 70 animadoras e animadores (entre 17 e 40 anos). Un campamento que permitíu re-descubrir e valorar a cidade como espazo ordinario de xogo e de encontro e no que medrar con amigos de xeito natural namentres facemos xogos, obradoiros, deporte, visitas,...

Celebrouse este ano os XXX anos dos Campamentos Urbanos en Galicia e o decano dos Campamentos Urbanos -o da Asociación Xuvenil Amencer- convocou unha xuntanza na cidade das Burgas na que participaron preto de 2.000 persoas procedentes dos Campamentos Urbanos que os centros da Federación Don Bosco de Galicia organizan. Esta conmemoración, a dos trinta anos de existencia do Campamento Urbano, terá lugar na cidade olívica no ano 2018.

Por outra banda, e en horario de tarde e noite, desenvolveuse a terceira edición do Urbano Xuvenil. Un campamento coa mesma filosofía desenvolvido por e para mozos maiores de 16 anos.

Tamén houbo unha nova edición do campamento con discapacidade coordinado desde Abertal. Participaron 75 persoas acompañadas de 27 educadores. As actividades realizadas tiveron en conta a diversidade funcional das persoas participantes e supoñen unha experiencia profundamente saudable no conxunto das actividades estivais que desenvolven.

Compartir el artículo

stats