Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premio das Letras o CEIP Anxo da Guarda

As láminas sobre Carlos Casares distribuiranse en 2.000 puntos de Galicia

Valentín García (3º e.) con autoridades e alumnos e profesores do CEIP Anxo da Guarda.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou ao profesorado e ao alumnado do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda de A Coruña o premio na modalidade de infantil e primaria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 nun acto celebrado no propio centro. O galardón premia a colección de carteis e a unidade didáctica titulados ´Carlos Casares, un escritor desta Galaxia´, que foron elaborados polo profesorado e o alumnado do Anxo da Garda para dar a coñecer a vida e a obra de Carlos Casares. Valentín García valorou "a orixinalidade, á par que a eficacia da proposta galardoada para difundir a figura de Casares", a quen lembrou "non só como un narrador extraordinario, tamén no ámbito da literatura infantil, senón como un impulsor decidido do uso do galego en espazos cada vez máis amplos e variados".

O grupo de profesorado e de alumnado que elaborou a mostra ´Carlos Casares, un escritor desta Galaxia´ recibiu un cheque por valor de 2.000 euros, outro intercambiable por produtos lácteos da marca Feiraco, entidade colaboradora neste galardón, e un diploma acreditativo.

As exposicións gañadoras este ano -na modalidade de Infantil e Primaria, ´Carlos Casares, un escritor desta Galaxia´, do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, e en Secundaria, ´Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias´ do IES Carlos Casares de Vigo- serán distribuídos en case 2.000 punto de Galicia e do exterior: centros educativos, concellos da Rede de Dinamización Lingüística, centros de estudos galegos de universidades europeas e americanas, centros galegos...

Compartir el artículo

stats