Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Pombal rumbo ás Illas

Premios do concurso para alumnos de 4º e 6º de Primaria 6º B

Outro dos fotomontaxes presentados polos alumnos do colexio O Pombal.

Os alumnos dos cursos cuarto e sexto de Educacion Primaria do colexio O Pombal de Vigo resultaron premiados no concurso de relato curto e de foto-escena do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas.

En concreto, o grupo de alumnos do curso de Cuarto A gañaron na súa modalidade co relato "Os guardiáns das Illas", mentres que o grupo de alumnos de Sexto B gañaron na súa categoría co relato e a foto-escena "Unha marabilla óptica".

Os dous grupos gañadores do colexio O Pombal foron premiados cunha visita guiada ás Illas Cíes, da que disfrutaron o pasado mes de maio. Pola súa banda, o grupo de alumnos de 4º B lograron un Accésit co seu relato "Nas Rías Baixas", e os de 6º A tamén acadaron un Acccésit co seu relato e foto-escena "Un paraíso natural". Para eles o premio foi unha visita ao Centro de Interpretación.

Unha marabilla óptica 6º B

  • Un día calquera, fai centos de anos, un grupo de piratas chegaron ás illas Cíes (concretamente á illa do Faro) escoitaran que por alí, se agochaba un tesouro. Pirataaaaaaaas a terra!! Buscaron por todos os lugares da illa; nas praias longas e cheas de area branca e fina, tamén polos montes de toxeiras, matogueiras, eucaliptos, piñeiros... Achegáronse a pedra da campá, e observando cara o mar, fixáronse que había unha insólita variedade de especies de aves, incriblemente diferentes, máis chamoulles a atención unha ave polas súas características distintas..Semellaba un corvo con crista e as súas extremidades inferiores eran palmeadas. Nese lugar dos cantís, o mar ondeaba con moita forza contra as rochas; non parecía ser un lugar seguro para agochar un tesouro, así que puxeron rumbo a outra parte da illa. Camiñaron durante unhas horas,observando con atención cada recanto, ao non atopar outra cousa que vexetación e fauna, e posto que se estaba facendo de noite, decidiron ir ata a praia. Alí estableceron o seu campamento, nunha cova pequena, húmida e escura. Inspeccionando a cova observaron que nun recuncho apartado, unha luz iluminaba a parede. Contemplaron con atención a parede, e descubriron que semellaba un mapa, tal vez agochaba o tesouro que andaban procurando. Como estaban cansos, decidiron durmir e establecer quendas de vixilancia. Na quenda daquela noite, un pirata fixouse moito no ceo, que estaba moi iluminado, brillante no que se formaba unha fila de estrelas que apuntaban ao mais alto da illa. Nese intre o pirata vixiante lembrou que era semellante ao mapa da parede da cova. Informou ao capitán Drake do seu descobremento e decidiron esperar á noite para seguir o momento estelar da noite. Aquela noite, camiñaron todos os piratas a onde apuntaban as estrelas e sinalaban a pedra da campá. Mais alí non había ningún cofre, senón a paisaxe mais bonita de todo o universo.

Os gardiáns das illas 4º A

  • Nunha paisaxe verde azulada,mergullada entre as augas,encontrase a illa de Cortegada Alí, fai miles de anos, vivía un curandeiro vello e traballador. Un día de tormenta púxose enfermo,ia morrer. Unha meiga apareceu e deulle unha poción para ser inmortal,máis con dúas condicións: A primeira: tiña que adoptar a forma dun Vello Loureiro e a segunda: protexer as illas do parque. Pasaron os días e o vello Loureiro(así foi o nome que lle puxo a meiga) deuse conta que non podía facelo so,necesitaba uns gardiáns que protexeran as Illas, e escolleu a tres paxaros. Chamou ao seu compañeiro o Lagarto Arnal para que lle axudara a reunilos. Arnal, foi a avisar a súa amiga,a Sepia Tinteira, para que escribira no mar a seguinte mensaxe: "necesitamos axuda ! un paxaro de cada illa ten que vir a cortegada cunha folla" Mentres tanto?. A gaivota patiamarela estaba nas Cíes,cando leu a mensaxe; axiña e veloz colleu unha herba de namorar e foi a avisar a Galán. Galán,que é o nome do corvo mariño cristado, estaba aseándose as súas plumas da crista na súa guarida, situada na greta máis baixa do Burato do Inferno; asomouse a porta e viu o súa amiga que lle contou a mensaxe de Tinteira?.. E decidiu levar unha xesta. Pararon na illa de Sálvora e alí atoparon na praia a píllara Cantora afiando a súa voz. Axudáronlle a buscar unha pola de sabugueiro e preparáronse para continuar a súa viaxe. Ao chegar a Cortegada a Sirena da praia indicoulles o camiño da ermida onde se atopaba o Vello Loureiro. Cando chegaron o Vello alegrouse moito de velos, explicoulle porque os chamara e pediulle unha pluma a cada un, despois chamou a Arnal para que preparara a poción cos ingredientes que traían: unha flor de namorar,unha pola de sabugueiro,unha xesta,3 follas de loureiro e as 3 plumas dos paxaros. Eles beberon esta poción e adquiriron poderes máxicos: _ A píllara co seu peteiro negro, máscara vermella e co seu graznido curto e potente é capaz de avisar aos gardiáns das illas das especies invasoras. _ A gaivota patiamarela cando tócanlle no se peteiro lanza bolas de lume contra as rochas creando portais e pasadizos segredos. _ O cormorán crisado ten as plumas da crista máis afiadas e pode lanzar lóstregos cando hai perigo no mar. Dende aquela di a lenda que sempre que visites un destes arquipélagos poderás ver algún gardián,que te protexerá, Pero?. Ollo con non respectar as normas das especies protexidas! Porque os gardiáns sempre están vixiantes nas dunas ou agochados nas rochas.

Compartir el artículo

stats