Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Paseo das sobreiras literarias

O IES Valadares festexa as Letras Galegas

A escultura deste ano.

O Instituto de Valadares festexa o Día das Letras Galegas como actividade destacada na que se combinan diversos intereses culturais e artísticos. O mellor xeito de homenaxear a Carlos Casares é a través dos seus textos, polo que o alumnado lle deu voz, lendo para todo o instituto as súas verbas literarias. Tamén repartiron uns marcapáxinas conmemorativos, deseñados polo alumnado de 3º da ESO. Nesta celebración, xa é tradición a plantación dunha sobreira e a instalación dunha escultura deseñada para o escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Isto forma parte dun proxecto que parte da singularidade do emprazamento. O instituto está situado nunha zona denominada "A Sobreira", polo que se escolleu esta árbore, que acompañamos de creatividade cunha escultura deseñada dende o centro. A peza está realizada pola empresa viguesa Vicalsa, que sempre está disposta a apostar e colaborar coa arte galega. Con todo isto, preténdese construír, ano a ano, nos exteriores do centro, o denominado "Paseo das sobreiras literarias" que son o reflexo do desexo de integración de Arte e Natureza, que tanto interese esperta no alumnado e profesorado do IES Valadares.

Compartir el artículo

stats