Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Colegio Vigo honra a figura de Gloria Fuertes

O Colegio Vigo honra a figura de Gloria Fuertes

No Colegio Vigo a conmemoración do Día do Libro homenaxeou á poeta Gloria Fuertes, así que os traballos do alumnado fundamentáronse no xénero lírico. Unha vez no salón de actos, os alumnos e alumnas de sexto de primaria inauguraron o acto cunha presentación dos escritores referentes da literatura, como Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Cervantes. De seguido os mesmos alumnos presentáronnos a biografía de Gloria Fuertes, tanto persoal como artística. A continuación, proxectouse un vídeo dos alumnos desde Infantil ata 6º de Primaria onde cada grupo interpretou unha poesía da autora. Os alumnos da ESO conmemoraron este día cunhas creativas e orixinais poesías que eles mesmos compuxeron.

Compartir el artículo

stats