Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Festa das Letras no CEIP N.S. dos Remedios

O mural.

O patio do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas acolleu o acto do Día das Letras Galegas sobre Carlos Casares. Durante toda a semana anterior traballouse nas aulas a figura deste escritor ourensán. Tamén se fixeron pancartas e un mural. Comezou o acto con alumnos de 6º falando un pouco sobre a biografía e obras do autor homenaxeado. A continuación, o patio do colexio ponteareano acolleu as actuacións de dous grupo. O primeiro foi unha representación das pandereteiras "Sadeo"e o outro foi " As Pedreiras" de San Lourenzo de Oliveira.

Logo, todos xuntos cantaron a canción elixida para a ocasión: " Meu o mundo é!", do grupo Brinca Vai!.

Para finalizar, profesores e alumnos do colexio cantaron o Himno Galego.

Compartir el artículo

stats