Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CPR La Inmaculada, Premio á Excelencia Educativa

O colexio plurilingüe de Ponteareas recibe a distinción polo seu labor docente

A Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado (CECE) acaba de conceder ó Colexio Plurilingüe La Inmaculada o Premio Galicia Excelencia Educativa 2017. O centro é merecedor desta distinción pola súa traxectoria e labor docente dende 1901 promovendo a formación integral dos alumnos.

Os criterios da comisión avaliadora para conceder este galardón baséanse en ser exemplo de excelencia educativa promovendo a formación intelectual, emocional e a formación en valores dos alumnos. Neste senso, o colexio de La Inmaculada leva a cabo múltiples proxectos dende diferentes ámbitos:

En Proxectos solidarios, dende 2005 mantén unha relación de irmandade coas Escolas Fe y Alegría de Guatemala consistente en achegar becas a nenas para acadar os estudos de primaria. Para conseguir os recursos necesarios para estas becas fanse actividades como mercadiños, carreiras solidarias€ nas que a comunidade educativa implícase de cheo. Promove campañas de recollida de alimentos, roupa e tapóns colaborando con organizacións como Cáritas, asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e outras de Ponteareas. Dentro deste ámbito solidario o departamento de Orientación coordina proxectos de sensibilización de diferente tipo como autismo, bulling, violencia de xénero e colabora con asociación como Cogami, ONCE€

O colexio tamén realiza proxectos de prevención organizando obradoiros e charlas en temas relacionados co alcol, drogas, perigos das redes sociais, internet, lume€ impartidas por profesionais de cada ámbito que se achegan ao centro.

No apartado de proxectos de respecto e coidado da natureza dende hai anos o centro leva a cabo un proxecto de reforestación do monte Picaraña en colaboración coa Comunidade de Montes de Ponteareas. E no propio centro contan cunha horta ecolóxica, invernadoiro, xardín de plantas aromáticas, xardín das bolboretas e unha lagoa artificial, todo elo construído polo propio alumnado.

En canto aos proxectos tecnolóxicos, os alumnos de 3º e 4º de ESO editan dende o ano 2005 tres xornais dixitais "Ecos da Picaraña", "O Trobador do Tea" e "Tea Times" cos que teñen acadado a posición de finalistas galegos en seis ocasións no Concurso El País de los Estudiantes.

Tamén contan coa edición da revista Xermolo que este ano acada a súa edición número 17 e na que se recollen traballos e fotografías dos eventos máis salientables do curso.

Nesta aposta polas novas tecnoloxías o centro ten encerados dixitais en todas as aulas.

Para incentivar a creatividade dos alumnos o centro participa cada ano en concursos de deseño como "Deseña unha xoia para a túa nai" ou "Qué es un rey para ti" no que resultou gañador e finalista en diversas ocasións. Concurso literarios como o de Relatos Curtos de Coca Cola no que este curso dúas alumnas de 2º ESO acaban de ser finalistas provinciais.

O colexio La Inmaculada é un centro plurilingüe de tal xeito que os alumnos reciben clases en galego, castelán, francés e inglés con apoio de profesores nativos.

Este bo facer foi recoñecido polo concello de Ponteareas na concesión no ano 2014 do Premio do Concello de Ponteareas pola súa labor social na Vila de Ponteareas na que é un centro de referencia dende 1901.

O Premio Galicia Excelencia Educativa será entregado polo Concelleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o vindeiro sábado 27 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Compartir el artículo

stats