Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Axudas a edición en galego de recursos didácticos curriculares

A Consellería de Educación convocou, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, as axudas á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios. Por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsa un ano máis o uso do galego no ensino a través desta convocatoria de subvencións, cuxo orzamento ascende a 170.000 euros e mantén o consignado en exercicios anteriores, baixo o réxime de concorrencia competitiva. De entre os criterios de concesión e valoración das propostas, establécense como prioritarios os materiais curriculares destinados exclusivamente á Formación Profesional Específica, que obterán un incremento final da puntuación global dun 20 % sobre a acadada nos outros criterios.

As empresas mercantís do sector editorial, destinatarias da convocatoria, poderán presentar as súas solicitudes ata o día 19 de xuño. O texto íntegro pode consultarse no Portal da Lingua Galega e en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170519/AnuncioG0164-110517-0001_gl.html.

Oferta de materiais

O obxectivo é garantir unha oferta ampla e con calidade científica e pedagóxica de material educativo en galego no ensino regrado, de xeito que se facilite o uso vehicular desta lingua nas aulas e a aprendizaxe no idioma propio de Galicia por parte do alumnado. Estas disposicións materializan a recomendación do Plan xeral de normalización da lingua galega de promover recursos educativos "en soportes diversos que fagan atractivo o proceso de aprendizaxe, que axuden a percibir a utilidade da lingua e que capaciten para o seu uso correcto e eficaz".

Compartir el artículo

stats