Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha olímpica no CEIP Eduardo Pondal

A regatista Támara Echegoyen charla cos alumnos

A medallista nas aulas do colexio durante as súas charlas.

A medallista olímpica Támara Echegoyen visitou o CEIP Eduardo Pondal. Dentro do proxecto didáctico FARO DA ESCOLA, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fixéronlle unha entrevista que vai ser publicada no periódico que editaremos co gallo deste concurso xosnalístico escolar organizado por FARO DE VIGO, e que patrocinan as empresaa FCC, Vitrasa e Vegalsa, e coa colaboración de Edicións Xerais.

Os pequenos periodistas do CEIP Eduardo Pondal descubriron unha morea de cousas da carreira profesional e persoal dunha deportista de alto nivel criada na vela e o mar entre a ría de Vigo e a de Pontevedra. Támara comezou con cinco anos no deporte da vela e dende pronto sentíu unha atracción especial ao vento e o mar. Os seus pais foron sempre un apoio para poder aisistir aos adestramentos e as regatas nas que participaba.

Entre outros éxitos, como campionatos do mundo e Europa en diferentes clases de vela lixeira, destacan o seus campionatos na clase Elliott 6 match race e a clase 49erFX. O seu maior éxito acadado ata agora na súa carreira profesional é a medalla de ouro nas Olimpiadas de Londres 2012. Contou tamén moitas anécdotas olímpicas, e os alumnos descubrimos que o deportista ao que mais admiración lle ten é a Rafael Nadal, e moitas mais cousas que se descubrirán na entrevista que se publicará no FARO DA ESCOLA do CEIP Eduardo Pondal.

Compartir el artículo

stats