Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Contos e papiroflexia no Andersen

O colexio de A Garrida celebra San Valentín

Os traballos manuais para celebrar o día dos namorados

Os alumnos de Primaria de Colexio de Andersen celebraron o 14 de febreiro, día de San Valentín, cun contacontos preparado polos bibliotecarios, alumnos de 6º, que congregaron ao redor deles a unha chea de nenos de todos os cursos que quixeron asistir. O conto titulábase "El faro de los corazones extraviados" de Celia Santos, editorial Toromítico.

De seguido, desenvolveuse un obradoiro de papiroflexia, dirixido tamén por alumnos de 6º, para realizar en papel, corazóns de todas as cores e tamaños.

O tempo quedounos curto polo que continuamos co obradoiro nas sesión de recreo dos días seguintes.

E a nosa biblioteca quedou chea de corazóns que atoparon o seu camiño€!

Compartir el artículo

stats