Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dieta saudable

Os reporteiros do Colegio Vigo a pleno rendemento

Os reporteiros do Colegio Vigo seguen traballando na elaboración do seu periódico FARO DA ESCOLA coa colaboración de diferentes cursos da etapa de Primaria, Infantil e Secundaria tratando temas de gran interese e utilizando diferentes xéneros xornalísticos. Así, o equipo de 6º, despois de participar nunha conferencia sobre Chicago organizada pola auxiliar de conversa, Hannelore, puxéronse mans a obra para elaborar unha reportaxe sobre a cidade. Pola súa banda, 4º de EP está a realizar un proxecto de investigación sobre a Dieta Saudable partindo das súas curiosidades e da búsquea de información en diferentes fontes para confeccionar un documento coas súas conclusións. Tamén temos un grupo de grandes xornalistas na etapa de infantil que a partir dunha viaxe interestelar confeccionarán unha reportaxe sobre os misterios do noso universo utilizando diferentes recursos para obter información.

En 2º de EP están a abordar o tema das diferenzas e similitudes entre a infancia dos avós e a dos seus netos a través de entrevistas aos propios avós.

Pero non todo son reportaxes e entrevistas, tamén chegan á redacción do colexio noticias redactadas por alumnos da ESO que están a facer unha importante labor de reporteiros.

Compartir el artículo

stats