Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un milleiro de docentes nas xornadas de bibliotecas escolares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI). Arredor dun milleiro de docentes participaron nesta xuntanza, na que se intercambiaron experiencias e boas prácticas neste eido, perseguindo obxectivos finais comúns como o fomento do hábito lector entre os máis novos, o uso da biblioteca como fonte de información para o ámbito académico e persoal ou a promoción da alfabetización dixital.

Durante a súa intervención o conselleiro agradeceu a implicación dos participantes en prol da mellora das bibliotecas escolares en particular e do ensino galego en xeral, "esforzo e compromiso que -dixo- dá sentido ao esforzo en investimento que facemos desde o goberno".

Rodríguez salientou que unha biblioteca escolar activa é un indicativo da calidade do ensino que ofrece un centro educativo e impulsora de novas metodoloxías de aprendizaxe, como os traballos por proxectos. Resaltou que nestes espazos se traballa coa información e os medios de comunicación, en materias de libre configuración como a que a Consellería vén de implantar para 1º e 2º de ESO, "Investigación e tratamento da información", que conta este curso con 4.700 alumnos matriculados.

A Consellería vén desenvolvendo actuacións para apoiar a actualización das bibliotecas dos centros galegos. Entre elas, este curso o Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) chega a 615 centros. Financia con máis de 1,2 millóns a adquisición de novos fondos documentais, a dotación de mobiliario e equipamento e gastos de funcionamento destes espazos.

Compartir el artículo

stats