Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A iniciativa multimedia do IES A Sangriña

Participa con outros cinco centros galegos

Os alumnos de A Sangriña durante os seus traballos multimedia.

Un grupo de alumnas e alumnos de 1º de ESO do IES A Sangriña de A Guarda participan este curso no proxecto EpD_Lab (Educación para o desenvolvemento. Laboratorio), unha iniciativa multimedia de comunicación que se desenvolve en cinco centros da comunidade ( IES A Cachada de Boiro, IES Milladoiro de Ames, IES Carlos Casares de Vigo, IES Pintor Colmeiro de Silleda e o propio IES A Sangriña de A Guarda) e nunha radio comunitaria de Itzcanal en El Salvador.

O pasado curso o IES A Sangriña xa formou parte desta iniciativa que leva a cabo a Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) a través do financiamento de proxectos de Cooperación da Xunta de Galicia.

O obxectivo principal desta actividade é a formación no uso das TIC como medio de comunicación para a sensibilización social e a formación en valores. O proxecto traballa na produción de contidos transmedia e novas narrativas ao redor de temáticas sociais.

O traballo desenvólvese a través de obradoiros de formación (un mensual durante todo o curso) nos que se traballa a capacitación técnica no uso das ferramentas de creación e publicación de contidos na web, a educación en valores para unha comunicación responsable, inclusiva e que acompañe os procesos de transformación social, a análise das mensaxes que se difunden na web e nos medios de comunicación, dende unha perspectiva crítica e construtiva cara á cooperación e a xustiza social.

Todos os contidos creados ao longo do curso polas alumnas e alumnos dos cinco centros galegos poden verse na páxina web: www.epdlab.gal, onde tamén está a disposición do público o vídeo resumo da pasada edición.

Compartir el artículo

stats