Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Samaín espacial no Porto Cabeiro

Pasillos decorados para celebrar o Samaín no CEIP Porto Cabeiro.

No Samaín do colexio Porto Cabeiro reinaron as cabazas caracterizadas con elementos do espazo e do universo, seguindo o proxecto Plambe da Biblioteca para este curso chamado: "Os Cabeironautas exploran o espazo", así como unha serie de actividades na que participou todo o alumnado de infantil e primaria. Os escolares visitaron o "Corredor do medo", onde dentro da escuridade do corredor podíase observar as cabazas prendidas con candeas, distintos elementos decorativos realizados polos alumnos: pantasmas, monstros, sombras, arañas, esqueletes,€e todo isto acompañado duns sons tenebrosos. Tamén se creou unha "Sala de lectura do medo" toda decorada e totalmente escura onde os diferentes cursos pasaban por alí a facer unha lectura de contos de medo, previamente seleccionados e adaptados a idade dos alumnos/as. En educación infantil, ademais desenvolveron un "Obradoiro de maquillaxe", onde as mestras pintaron aos nenos/as con motivos terroríficos; fixeron un "Photocall Samainero", onde os nenos/as escollían os complementos: antifaces de esqueletes, gafas de cabazas, diademas con cornos de diaños, dentes de vampiros, ollos saíntes, caretas terroríficas€ e se facían fotografías. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradeceron o traballo realizado polas familias na decoración das cabazas.

Compartir el artículo

stats