Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Castañas a mogollón no García Barbón

Imaxe dos xogos e das merendas con castañas no CEIP García Barbón.

O CEIP García Barbón celebrou o magosto. Nos días previos fixéranse murais relacionados coa estación do ano e coa castaña , traballos de colorear e picar , lectura de contos coa "castañeira" como protagonista€ . Algúns dos resultados adornan os corredores do centro escolar. Despois de todo o traballo feito quedaba comer as castañas; o alumnado de educación infantil foi o primeiro en facer cola para recoller os seus cucuruchos. A continuación, todos sentados en roda, desenvolveron a súa "psicomotricidade fina" pelándoas. A continuación os nenos e nenas de primaria recolleron os seus cucuruchos e, por un día, cambiar os bocadillos de media mañá polas castañas asadas. Aproveitando a celebración desta festa, no colexio organizaron diferentes xogos tradicionais que se celebraron durante algo máis dunha hora. Entre eles, o pano, saltar á corda, carreiras levando unha culler na boca sen que se caera a castaña, bailes por parellas cunha castaña na fronte e, como di o refrán: no San Martiño botamos os trompos ao camiño! Ademais destes xogos tradicionais, engadiuse un xogo baseado nunha das últimas modas estendidas a través de Youtube: o desafío de conos. Consistía en mesturar a técnica de carreira de relevos e o lanzamento ao aire dun cono que debía quedar de pé para poder continuar a progresión . Todo un éxito entre os seus participantes! Coas castañas no Barbón, comemos e xogamos mogollón!

Compartir el artículo

stats