Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Castañas e música no CEIP Nosa Señora dos Remedios

Os alumnos do colexio disfrazáronse para a festa do Samaín.

O CEIP Nosa Señora dos remedios de Ponteareas celebrou o Samaín-Halloween no cunha exposición de cabazas e outras criaturas terroríficas, feitas polos alumno coa axuda dos seus pais e nais. Os equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística pediron aos nenos e nenas dos niveis máis altos de Primaria que recolleran lendas de Ponteareas. Leuse en todas as aulas unha lenda que se elixiu entre as que se recolleron. Tamén os alumnos acudieron disfrazados de personaxes de terror ese día. No Magosto non se pudo facer as fogueiras con bullo para asar as castañas ao xeito tradicional, xa que o tempo non acompañou.Cocinámolas en asadores e os rapaces e rapazas construíron caixiñas e cucuruchos para recollelas. Tivemos unha banda de música tradicional que amenizou a festa, formada por alumnos do colexio e pola mestra Claudia e a súa familia.

Compartir el artículo

stats