Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Salesianos solidarios

Refuxiados, misioneiros, voluntarios e cooperantes sensibilizan aos alumnos do colexio María Auxiliadora sobre a desigualdade

Charlas e actividades solidarias para sensibilizar aos alumnos.

A celebración do Día Mundial para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro) foi o punto de saída dunha manchea de actividades de sensibilización, conciencia e colaboración para e entre o alumnado do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Vigo na campaña solidaria que vén de rematar o día 28 do mes pasado.

A portería de acceso ao centro tornada nun campamento de refuxiados, unha exposición de fotografías e imaxes de denuncia eran o pórtico que cada día atravesaba o alumnado. A este escenario sumábase cada día testemuños e mensaxes con rostro e acento propios€ as facianas da indiferencia adolescente, tornáronse na maior parte dos casos en miradas ateigadas de preguntas e impotencia ante tales testemuños. En contacto coa Delegación Diocesana de Misións participouse na marcha a prol dos refuxiados o día 21 e na vixilia dese mesmo día en preparación para a xornada do Domund.

Na segunda semana o cine solidario, torneos deportivos, revista misioneira e outras achegas foron sumando gran a gran para conseguir o miniobxectivo solidario do presente curso.

"A sensibilización escolar precisa do reforzo familiar, máis aínda é aí onde atopa o punto de apoio para calquera compromiso posterior", apunta Luis Quiroga, un dos responsables da campaña. No caso do alumnado de bacharelato esta campaña tamén é o inicio de todo o relativo á presentación e desenvolvemento de proxectos de voluntariado en colaboración con entidades diversas (educativas, de tempo de lecer, ecolóxicas...) e de aprendizaxe mediante o servizo que se levarán acabo ao longo de todo o curso.

"Unha raiola de esperanza". Así se refería unha das familias a esta campaña, cando lle contaban as diversas actividades. "So así, aprenderán a saír dos seus intereses, e atopar sentido a facer algo por alguén, agora e tamén no futuro. No medio de tanta corrupción, da parálise que causa pensar so no propio e non no ben común... verdadeiramente que este miniobxectivo se acade, é unha raiola de esperanza".

Compartir el artículo

stats