Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Campamento Abertal

O Centro Xuvenil vigués acolleu actividades para axudar á conciliación no inicio do curso

Abertal organizou contacontos

O Centro Xuvenil Abertal de Vigo levou a cabo as III Mañás de setembro nas que participaron 62 nenos e nenas da cidade.

Coincidindo cos últimos días de vacacións de verán para os máis pequenos, e cos primeiros días laborais para as nais e pais, esta actividade xorde como resposta á necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

Nestas actividades, realizadas os días 1,2, 5, 6, 7, 8 e 9 de setembro para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, nada menos que 62 rapaces e rapazas (e que debido á gran afluencia de interesados Abertal veuse na obriga de ampliar prazas), participaron nunha dinámica de actividades moi diversas no Centro Xuvenil, coma por exemplo: adestramentos deportivos en colaboración co Clube de Baloncesto e Fútbol Sala do Colexio Salesianos, divertidos obradoiros para os máis cativos, contacontos, olimpíadas, obradoiros de cociña ou busca do tesouro foron acompañando ás temáticas diarias que os monitores animaban disfrazados como piratas, animais ou indios.

Unhas actividades para "quentar" á volta ás aulas.

Compartir el artículo

stats