Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Propostas en galego para "culturear"

O contacontos "Contos vellos para rapaces novos".

As tres propostas de dinamización lingüística impulsadas desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no marco do ´Galicia culturea. Cultura e lingua no verán´, da Consellería de Cultura e Educación, despediron a primeiros deste mes o programa, logo de seis semanas nos carteis das principais festas e programacións de verán dun total de 59 concellos.

´Contos vellos para rapaces novos´, a peza de contacontos baixo carpa deseñada como homenaxe a Xosé Neira Vilas e baixo a finalidade de poñer en valor a lingua galega e a súa transmisión oral, chegou en exclusiva a 24 localidades desde finais de xullo ata finais de agosto: Abegondo, Ames, A Baña, Boqueixón, Cee, Ponteceso, A Laracha, Muxía, Noia, Ordes, Ribeira, Vedra, Zas, A Estrada, Marín, Pontecesures, Valga, Vila de Cruces, Cartelle, Ourense, Quintela de Leirado, Mondoñedo, Triacastela e Burela.

A segunda das propostas, tamén en formato de contacontos, ´O zapateiro e o raposo´, compartiu co público familiar os lances máis divertidos dos protagonistas da nova saga do zapateiro editada por Bolanda, que recibiron como agasallo os miúdos e as miúdas asistentes para darlle continuidade ao labor de contar na casa.

O mago Dani García levou o seu espectáculo de ´Palabras máxicas´ ataArteixo, Boimorto, Laxe, Lousame, Melide, Ortigueira, Padrón, A Pobra do Caramiñal, A Cañiza, As Neves, Moraña, Ponteareas, Silleda, Ribadavia, Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Barreiros, Quiroga, Viveiro e Portomarín.

Compartir el artículo

stats