Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Animación á lectura para familias e mediadores

Facilitarlles ás familias e aos mediadores propostas, ideas e experiencias para a animación á lectura entre os máis novos é o principal obxectivo dos dous novos materiais que a Consellería de Educación acaba de poñer ao dispor da cidadanía na páxina web www.cultura.gal, e que tamén se poderán consultar na libraría institucional da Xunta https://libraria.xunta.gal/es.

'A lectura, unha chave de futuro' e 'Guía de narrativa para prelectores e primeiros lectores' son os títulos destas dúas ferramentas en liña, que nacen co fin de incentivar o gusto e o hábito lector entre o público infantil.

A formación de lectores é "unha tarefa compartida entre a familia, a escola e a sociedade no seu conxunto", afirmou o secretario xerla de Cultura, Anxo Lorenzo, que destacou, con todo, "o papel primordial dos pais e das nais no achegamento inicial dos máis pequenos á lectura". Para lles facilitar esta tarefa, Cultura pon ao seu dispor estes novos recursos dixitais para que tanto as familias como os mediadores -profesorado, persoal bibliotecario, promotores culturais etc.- tiren proveito deles á hora de incentivar o gusto pola lectura "unha ferramenta imprescindible para a súa educación", dixo Lorenzo.

Compartir el artículo

stats